Luns. 05.12.2022
El tiempo

Ángel Carracedo, primeiro científico en recibir o Premio Otero Pedrayo

Angel Carracedo Premio Otero Pedrayo
Ángel Carracedo, primeiro científico en recibir o Premio Otero Pedrayo

Recolleu esta noite Ángel Carracedo o Premio Otero Pedrayo 2022. O xenetista xalleiro foi recoñecido polas catro institucións provinciais e a Xunta de Galicia, sendo a primeira vez que o galardón máis lonxevo de Galicia (entrégase dende 1997) homenaxea unha carreira centrada na investigación médica e científica.

A entrega tivo lugar no Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía da Coruña. O investigador e catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela, fixo un alegato por considerar “a ciencia como unha parte indespensable do acervo cultural” e amosou a súa satisfacción “porque este premio recoñeza a ciencia como unha parte da Cultura, porque considero que é tamén un xeito eficaz un de achegar a propia ciencia á sociedade en xeral”.
Defendeu tamén que “hai moitas similitudes entre a creación científica e a creación artística” e asegurou que “a ciencia comparte moitos aspectos coa arte, por iso entendo que debe considerarse como parte da Cultura e estar máis presente en formatos de divulgación culturais, como por exemplo nas páxinas de Cultura dos medios de comunicación”.

Así o decidiu o xurado, composto por representantes da Xunta de Galicia, das catro deputacións provinciais, das universidades galegas, da Real Academia Galega, do Instituto Padre Sarmiento e da Fundación Otero Pedrayo.

Gonzalez Formoso Xurxo Couto e Angel Carracedo
Valentín González Formoso, Xurxo Couto e Ángel Carracedo

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, cualificou a Ángel Carracedo como “un pioneiro, un visionario e un extraordinario divulgador científico que viaxa a través das formas máis ínfimas de vida, no interior das moléculas, para descifrar o que tal vez é o maior misterio da humanidade: que é quenes somos, aquelo que James Watson, premio Nobel polo descubrimento da estrutura molecular do ADN definiu como o segredo da vida”.

Novas relacionadas

comentarios