Xoves. 07.11.2024
El tiempo

Gabriel Cernadas escolta a Rafael Lema en Santa Comba

Presentacion libro Rafael Lema En Santa Comba
Gabriel Cernadas escolta a Rafael Lema en Santa Comba

Este venres 22 de abril, co gallo do Día do Libro, a Librería Ler de Santa Comba acolle ás 20,30 horas, a presentación de “Costa da Morte, soños e naufraxios”, de Rafael Lema. O eterno xornalista e escritor da Ponte do Porto será presentado ademais polo novo investigador naval de Muxía, Gabriel Cernadas Martínez, dando conta do relevo xeracional que temos na comarca arredor do noso patrimonio subacuático.

Trátase da nova edición dunha das máis importantes enciclopedias sobre os nosos pecios, sacado en 2011, e que recolle e analiza medio milleiro de barcos afundidos entre Caión e o cabo Fisterra, desde a Idade Media ata a data actual.

Ten saído ademais en numerosas series, como “Operación Marea Negra” (Amazon Prime), e libros como “Fariña” (Nacho Carretero) ou “Miss Marte” (Manuel Jabois).

NOVAS de Rafael Lema

Comentarios