Mércores. 04.08.2021
El tiempo

Novo accidente de tractor mortal en Santa Comba

Accidente de Tractor en Santa Comba
Imaxes doutro accidente de tractor en Santa Comba de hai xusto un ano
Novo accidente de tractor mortal en Santa Comba

Esta pasada tarde de domingo, rexistrouse un novo accidente de tractor mortal na comarca. Aconteceu no lugar de Esmerode, en Santa Comba, arredor das 18:30h, cando o tractor sufría unha saída de vía e batía contra un valado.

Unha testemuña avisaba ao 112 que mobilizou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Xallas, á Policía Local, á Garda Civil de Tráfico e ao Servizo Municipal de Protección Civil.

Xa no lugar do accidente, os servizos sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida ao condutor do tractor.

Accidentes con tractor en 2021

comentarios