A Semana do Leite en Santa Comba deixa visitas escolares e Xornadas técnicas especializadas

Cóntanse as horas para que a Poxa de Xovencas volva poñer no epicentro do sector gandeiro a Santa Comba. Pero a XXI edición da subasta vén cargada de actividades.
Durante esta semana gandeira a rapazada dos centros de ensino están realizando visitas ás gandeirías, e participan nun obradoiro de elaboración de queixo impartiro por Lidia Ferreras, de Bico de Xeado.
Xa o sábado, na previa da Poxa, a xornada arrinca coa posibilidade de sacar en dúas horas o Curso de Manipulador de Alimentos, necesario para traballar no sector da alimentación.
A partir das 11:00h comezan as Xornadas Técnicas, cunha mesa redonda sobre o diálogo entre Empresa e produtor. Será o mazaricán Xosé Ramón Alvite o encargado de moderar unha mesa na que estarán profesionais e a alcaldesa.
Novas relacionadas
- Santa Comba xa conta as horas para a XXI Poxa de Xovencas.
- Decembro 22: A Poxa de Xovencas Frisonas de Mazaricos fixo fin a unha Semana Gandeira referente en Europa:
- Xuño 22: Un domingo de Muuuuuuita Festa para ratificar o idilio de Santa Comba co sector gandeiro:
- Maio 22: Grille constitúe unha comunidade de enerxía renovable pioneira no sector agrogandeiro galego.
- Marzo 22: Poxa de Xovencas de Santa Comba: “Asunción Sound System Agenda” foi adquirida por 2.500 euros.