A Piroga celebrou cun albaroque o remate das necesarias obras de saneamento


Por fin. Xa van anos dende que as obras de saneamento da Piroga facían falta, i é que os verquidos de fecais das casas do ugar ían directamente ao río Grande sen pasar pola depuradora. Finalmente, as obras remataban esta fin de semana, e o facían cun albaroque, unha festa con gaitas e pinchos, coa axuda do construtor Germán Mouzo e produtos da casa, para o disfrute dos veciños.
Unhas complexas, cargadas de polémica, cun accidente grave polo medio, nas que os únicos perxudicados foron os veciños. Así e todo, o alcalde, Manuel Antelo dirixíase aos presentes para agradecerlle a paciencia e comprensión a pesar de todos os impedimentos que se puxeron para que a obra se levase adiante. Agradecíalle así mesmo ao director da obra que se fixese cargo da mesma, a pesar de toda a polémica xa levantada arredor dela e que fixera posible que se puidese finalizar. A Germán Mouzo, xerente da empresa adxudicataria, e aos seus traballadores, polo empeño posto para que a obra se finalizase con éxito. O alcalde fixo unha mención especial aos traballadores accidentados coa tala dos eucaliptos, un deles presentes no albaroque.
Novos diplomados en informática

Noutro eido de cousas, dous novos cursos de informática desenvolvéronse no telecentro de Vimianzo, un de iniciación á informática e internet para que aquelas persoas que non tiñan ningunha noción informática lle perdan o medo ao ordenador e á internet e aprendan a empregar a rede para realizar múltiples tarefas. O segundo dos cursos estaba destinado aos comerciantes co fin de que aprendan diferentes ferramentas que de seguro lles poden ser de utilidade para o seu negocio.
O alcalde entregáballe os diplomas no telecentro unha vez rematado o curso e comprometíase a seguir programando novos cursos con contidos novos para que poidan seguir avanzando e practicando os coñecementos adquiridos.
Novas relacionadas
- 28-05-13: Paso adiante nas obras de saneamento da Piroga.
- 14-12-12: Un accidente na Piroga se salda con dous feridos e a estrada AC-552 cortada.