A representación do Asalto porase en marcha trala Gala-Casting do sábado


Cando xa se puxeron á venta as entradas para a Cea Medieval (apúrense que se venden como churros…), esta fin de semana na Casa de Cultura de Vimianzo é o gran pistoletazo da representación teatral do Asalto: a Gala-Casting do Asalto ao Castelo 2013. O principal motivo para esta xornada que terá lugar o sábado 1 de xuño ás 20:30h na Casa da Cultura, é a escolla do elenco teatral que formará parte da representación na obra medieval. Todos están convidados a formar parte desta, sexa como heroes irmandiños ou nobres opresores, así como tamén os defensores da fortaleza.
A A.X.Cherinkas organiza a gala para expoñer outros asuntos de relevancia, principalmente para esclarecer as incógnitas desta XVIII edición.
A xornada non estará libre de arte e humor, con actuacións sorpresa durante toda a exposición. Presentaranse os grupos musicais que animarán a noite do 6 de xullo, amosarase o modelo da camiseta oficial deste 2013 e demais merchandising, o Asaltiño, presentaranse os distintos modelos de traxes e outras novidades da festa.
Outro toque artístico o darán os vídeos promocionais deste XVIII Asalto, os cales se poderán gozar en primicia na tardiña do sábado. Para os máis golosos, coñeceranse os pratos que conformarán a VI Ruta dos Pinchos Irmandiños.
Previamente tamén haberá divertimento para os máis pequenos: de 17.30 a 19.30h colocaranse uns inchables no exterior da Casa da Cultura por xentileza de Aquacenit, S.L.
Máis información
- www.asaltoaocastelo.org.
- www.facebook.com/asaltoaocastelo.
- Axenda Sonora da Costa da Morte.
- Axenda Costa da Morte.
Novas relacionadas
- O Concello de Vimianzo presenta alegacións á negativa da Xunta a declarar o Asalto Festa de Galicia de interese turístico.
- O Asalto quere encher de cor a vila co Concurso de Fachadas.
- Os pinchos irmandiños e a feira artesanal botan a andar o XVIII Asalto ao Castelo.
- Asalto irmandiño aos institutos de Vimianzo.
- 23-05-12: O Pleno vimiancés debatirá solicitar que o Asalto sexa Festa de Galicia de Interese Turístico.
- O Asalto quenta motores para este 2013.
- Asalto 2012: O Asalto definitivo (en vídeo).
- Asalto 2012A Revolta Irmandiña máis numerosa tomou Vimianzo.
- Asalto 2011: A Cherinkas pégase unha autohomenaxe irmandiña.
- Asalto 2011: O Asalto 2011 en vídeo.
- Asalto 2011: Os irmandiños volveron recuperar o poder do Castelo de Vimianzo.
- Asalto 2010: As fotos que os Irmandiños non viron.
- Asalto 2010: O pobo irmandiño retomou Soneira.
Novas festivaleiras
- A música ghalegha daghora está “On the road”.
- Reincidentes e O Funkillo para celebrar #10anosdemusica do Castelo Rock.
- Loquillo e Corizonas, os primeros grandes nomes do #NordestazoRock2013.
- O Festival V de Valarés quenta motores con 3 artistas confirmados.
- Terbutalina saca novo disco cas claves do país: festa, velocidade e empanada.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).