A Xunta mete ao Bipartito no Caso Maceiras mentres o Xulgado segue a investigación


Continúa o caso Maceiras, o fraude forestal, estando de máxima actualidade. Dende o Xulgado de Corcubión, onde se concentraban a semana pasada varios dos afectados, seguen atopando indicios de amaño nos contratos da Xunta, a propia administración pública apela ao “deixen traballar á Xustiza”.
I é que a investigación segue atando cabos, e parece que hai irrefularidades en 13 contratos asinados entre 2008 e 2010, entre a empresa vimiancesa Maceiras y Esmorís, e a Subdirección Xeral de Recursos Forestais da Xunta. Lembren que se tratan de contratos simulados, de supostas refortestacións que nunca se levaron adiante, falsificando a sinatura de propietarios, e que puideron contar co consentimento de funcionarios, políticos e mesmo de Correos, como ben denuncia a Fruga dende hai 2 anos.
Esta semana, o Grupo Popular quixo calmar os ánimos afirmando que “o Goberno galego é o primeiro interesado en esclarecer os feitos”. A Xunta quere asfirmar que “non estivo de brazos cruzados”, pois xa remitiu a documentación solicitada polo xulgado e mesmo realizou un control de calidade adicional con técnicos alleos ao Distrito Forestal sobre os expedientes en investigación e se lle deu acceso á información aos afectados.
E non desaproveitan a ocasión dende o PP para acusar á oposición. Neste caso fixo alusión á devandita “hercenia”, dicindo que “o 66% das axudas baixo sospeita foron tramitadas polo anterior Goberno bipartito do PSOE e do BNG”.
Novas da Operación Forest
- As empresas da Operación Forest esixen o pagamento dos traballos que provocaron o fraude forestal.
- Hermanager Humor: Operación “Forrest”.
- 07-11-2013: A Xunta personouse como afectada no caso do fraude forestal.
- 29-07-13: O fraude forestal do Caso Maceiras segue medrando.
- 12-06-13: O PP argumenta as súas posturas sobre o fraude forestal botando balóns fóra e sobre a mina criticando ao PSOE.
- 16-05-13: Rosa Quintana desmárcase da Operación Forest e bota ás culpas ao Bipartito.
- 03-05-13: Os afectados da Operación Forest apuntan aos funcionarios.
- 29-04-13: O Concello de Corcubión non gaña para sustos.
- 26-04-12: A Operación Forest suma 8 detidos máis, entre eles 3 membros da Xunta.
- 25-04-13: Primeiras detencións no fraude forestal da “Operación Forest”.
- 12-04-13: A Xunta recoñece que o fraude forestal pode chegar a 1 millón de euros.
- 22-03-13: Os afectados polo fraude forestal e as Preferentes levan a loita ás portas da administración.
- 19-03-13: Un ano de fraude forestal en primeira persoa.
- 14-02-13: O fraude forestal do Caso Maceiras chega ao Parlamento.
- 20-09-12: Fraude Forestal: Afectados acusan á Xunta.
- 08-06-12: A FRUGA critica as excusas de bancos e da Xunta ante o fraude forestal.
- 06-06-12: A Costa da Morte maniféstase contra o fraude forestal.
- 03-03-12: 300 persoas de empresas, bancos e administracións envoltas nun fraude en Vimianzo.
Fonte
- La Voz.
- Xunta.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).