mércores. 04.12.2024
El tiempo

Arquivada unha denuncia contra o alcalde de Vimianzo por participar nunha festa veciñal

Arquivada unha denuncia contra o alcalde de Vimianzo por participar nunha festa veciñal
A Xunta Electoral de Zona de Corcubión arquivou o pasado día 23 unha denuncia presentada por membros do Partido Popular contra o alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, por participar na festa de san Antonio de Carnés organizada pola veciñanza o 11 de xuño. Segundo indican dende o goberno municipal, a festa estivo organizada pola veciñanza, nun acto no que as veciñas e veciños quixeron agradecer os esforzos veciñais polo logro dos terreos da área a carón do cemiterio na que se celebraron as festas. "O acto no que participaron veciñas e veciños, o cura párroco e o alcalde, non foi promovido polo concello ni pola alcaldía nin tampouco se realizaron pronunciamentos políticos, como moi ben sabe o Partido Popular xa que, en todo momento, estiveron presentes a través da concelleira que os representa na corporación municipal de Vimianzo" sinalan dende o concello vimiancés. Outro dos puntos que critican dende o goberno de Manuel Antelo é a data da denuncia, xa que a celebración tivo lugar o 11 de xuño e até o día 22 no foi presentada a denuncia. Deste xeito, aclaran que o alcalde tivo menos de 24 horas para presentar alegacións onde se explicaba o contido do acto acompañado de documentos que acreditaban que era unha celebración organizada pola veciñanza. Manuel Antelo lamenta que as persoas que representan ao Partido Popular en Vimianzo estean obsesionadas con denuncialo por calquera asunto en vez de achegar ideas e inicativas que contribúan a mellorar a calidade de vida das veciñas e veciños. “Non lles preocupa o dano que fan incluso á propia veciñanza que din representar, coma neste caso, co ánimo de golpear ao alcalde” sinala o rexedor.

Novas relacionadas

Máis novas vimiancesas

  Fonte Redacción QPC ([email protected]) Concello de Vimianzo

Comentarios