As empresas da Operación Forest esixen o pagamento dos traballos que provocaron o fraude forestal


Achéganos a FRUGA as últimas novidades no caso da presunta fraude forestal orquestada na Costa da Morte. Novidades que teñen a ver co concurso de acreedores no que entrou a empresa denunciada e tamén as notificación que están a recibir veciños/as da comarca (denunciantes ou non) instando ao pagamento de numerosas facturas que están a ser investigadas polo Xulgado de Corcubión.
Parece que broma, pero é que nos últimos dias están a chegar numerosas cartas a domicílios da Costa da Morte, emitidas desde a empresa Maceiras e Esmoris, nas que informan do auto xudicial ditado polo Xulgado do Mercantil nº 2 de A Coruña, que en 25 de outubro declarou á citada empresa en situación legal de concurso de acreedores. Pero a sorpresa chega cando a través desta carta se reclama o pagamento de supostas facturas pendentes, resultado do estudo da contabilidade da empresa por parte da Administración Concursal designada. Xunto con esta comunicación achegase copia da factura emitida pola empresa e copia do libro maior da contabilidade da mesma.
Indignación dos e das afetadas pola fraude
As facturas fan referencia tanto aos traballos forestais denunciados polos veciños e veciñas organizados através da FRUGA como outros que tamén están a ser investigados desde o Xulgado e que poderian ter sido tamén xestionados de maneira irregular.
Sorpresivamente, moitas destas facturas correspóndense con expedientes aprovados pola Consellaria do Medio Rural e do Mar e que polo tanto contaban con documentos acreditativos do pagamento das mesmas, que ao parecer non figuran na contabilidade da empresa.
Estas comunicacións non fan mais que indignar aínda máis, se cabe, as vítimas desta presunta fraude ás que se lles están a reclamar uns cartos que eles nunca chegaron a xestionar e que foron “movidos” por diferentes contas e sucursais bancarias no seu nome tal e como teñen denunciado, e que ten levado á imputación de distintos responsables de entidades bancarias do concello de Vimianzo.
Ampliación da denuncia
Desde os servizos xurídicos dispostos pola FRUGA para dar cobertura aos e ás denunciantes estase a pór en coñecemento do Xulgado de Corcubión esta nova situación que afecta xa a varios dos denunciantes que xa teñen pasado polo Xulgado.
Novas da Operación Forest
- Hermanager Humor: Operación “Forrest”.
- 07-11-2013: A Xunta personouse como afectada no caso do fraude forestal.
- 29-07-13: O fraude forestal do Caso Maceiras segue medrando.
- 12-06-13: O PP argumenta as súas posturas sobre o fraude forestal botando balóns fóra e sobre a mina criticando ao PSOE.
- 16-05-13: Rosa Quintana desmárcase da Operación Forest e bota ás culpas ao Bipartito.
- 03-05-13: Os afectados da Operación Forest apuntan aos funcionarios.
- 29-04-13: O Concello de Corcubión non gaña para sustos.
- 26-04-12: A Operación Forest suma 8 detidos máis, entre eles 3 membros da Xunta.
- 25-04-13: Primeiras detencións no fraude forestal da “Operación Forest”.
- 12-04-13: A Xunta recoñece que o fraude forestal pode chegar a 1 millón de euros.
- 22-03-13: Os afectados polo fraude forestal e as Preferentes levan a loita ás portas da administración.
- 19-03-13: Un ano de fraude forestal en primeira persoa.
- 14-02-13: O fraude forestal do Caso Maceiras chega ao Parlamento.
- 20-09-12: Fraude Forestal: Afectados acusan á Xunta.
- 08-06-12: A FRUGA critica as excusas de bancos e da Xunta ante o fraude forestal.
- 06-06-12: A Costa da Morte maniféstase contra o fraude forestal.
- 03-03-12: 300 persoas de empresas, bancos e administracións envoltas nun fraude en Vimianzo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).