Os escolares pechan o círculo do Castro das Barreiras

A excavación sen divulgación carece de sentido. E por Vimianzo o teñen claro. Arrincaba a semana pasada a nova campaña arqueolóxica no Castro das Barreiras, e paralelas ás catas, chegan as visitas escolares.
Ao longo da semana foron varios os centros que se achegaron ao espazo para recibir as charlas de Tito Concheiro. Os primeiros en pasar foron os rapaces e rapazas de 1º e 2º do CEIP San Vicenzo, ademais dos das escolas infantís de Carnés, Carantoña e Castromil. Foron, nas primeiras xornadas un total de 87 escolares dos máis de 300 que se achegarán por este xacemento no mes de maio.
Concheiro descubriulles, coa súa ilusión e entusiasmo habitual, os máis recónditos segredos das Barreiras.
Desde o goberno local salientan “a relevancia de que as novas xeracións conecten cun dos bens patrimoniais máis ricos do noso municipio”, ensalzando o valor que ten “que unha persoa e profesional como Tito Concheiro lles achegue os seus coñecementos”.

NOVAS RELACIONADAS
- Maio 22: Castro das Barreiras: un exemplo de investigación e de divulgación.
- Maio 21: “O Castro das Barreiras vaise converter na auténtica locomotora do patrimonio cultural de toda a comarca”
- Setembro 2020: A recreación dun fogar, o escalonamento da muralla e o cemiterio de cerámica, os achádegos campaña 2020 no Castro das Barreiras.
- Xuño 2020: Vimianzo volve limpar o Castro das Barreiras.
- Xullo 2019: Vimianzo mantén viva a aposta polo patrimonio e volve limpar o Castro das Barreiras.
- Marzo 2019: Nenxs e maiores danlle sentido ao Castro das Barreiras.
- Febreiro 2019: “É unha honra que un concello tan pequeno como Vimianzo aposte pola arqueoloxía como motor turístico”.
- Maio 18: A excavación do Castro das Barreiras pecha cun gran achádego metalúrxico.
- 2010: O Castro de Barreiras: o expediente X da arqueoloxía galega