Venres. 04.10.2024
El tiempo

O Concello de Vimianzo tamén presenta alegacións para que a Xunta reconsidere a problemática do corredor

Presentacion do Corredor ata Vimianzo en 2020
A Xunta presentaba en febreiro o proxecto do novo tramo de Autovía entre Baio e Vimianzo que inclúe unha saída pero non o enlace co polígono de Vimianzo
O Concello de Vimianzo tamén presenta alegacións para que a Xunta reconsidere a problemática do corredor

Como fixo a semana pasada SEA, o Concello de Vimianzo presentou en tempo e forma as alegacións para que a Xunta de Galicia reconsidere a problemática que afecta ao municipio vimiancés, en relación co corredor da Costa da Morte, e que cuxo proxecto non ten en conta un enlace para o polígono industrial do municipio.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, leu esta mañá de venres o documento deixando claro que ‘a titularidade autonómica da estrada, e polo tanto é competencia da mesma’. Así mesmo falouse do escrito presentado pola Plataforma Corredor Xusto

Desde a href="https://www.quepasanacosta.gal/articulo/vimianzo/alcaldesa-vimianzo-solicita-xuntanza-coa-xunta-reactivar-corredor/20200618083757120056.html">o Concello de Vimianzo xa se ten solicitado unha reunión coa Consellería de Infraestruturas, para tratar de encauzar así unha problemática ‘de interese xeral, e que afecta a moitas persoas que non só traballan e son de Vimianzo, tamén acuden doutros puntos da Costa da Morte’, apunta a alcaldesa, Mónica Rodríguez.

Poñen exemplo como a conexión da A-52 co polígono industrial de San Cibrao das Viñas.

Novas relacionadas

Comentarios