Xoves. 28.03.2024
El tiempo

As Nemanquiñas volven xuntar en Vimianzo medio millar de palilleiras de toda Galicia

Xuntanza de Palilleiras de VImianzo 2017 3 copia
Así estaba o pavillón ca Xuntanza de Palilleiras de VImianzo de 2017
As Nemanquiñas volven xuntar en Vimianzo medio millar de palilleiras de toda Galicia

A Asociación de Palilleiras As Nemanquiñas de Vimianzo organiza a 13ª palillada no Pavillón de Vimianzo o sábado 9 de novembro de 2019. Unha xuntanza que serve unir os intereses de todas coa finalidade de promover a artesanía centenaria convertida en produto de moda. Ademais ao mesmo tempo que se exhiben os traballos tamén intercambiarán experiencias e ideas as /os participantes.

A cita, que se inaugurará ás 12:00h no pavillón, contará coa participación de máis de 550 palilleiras, e palilleiros, demostrando que o Encaixe non ten idade nin sexo.


Foto de Roberto Rúa dunha Xuntanza

Chegarán artesás de Viveiro, Foz, Cervo, Burela, Sarria, San Ciprián, Lugo, Pontevedra, Vigo, Cambados, Vilanova de Arousa, Vilagarcía da Arousa, Tui, O Porriño, Ribeira Sacra, A Coruña, Boiro, Valga, Porto Novo, Ferrol, Fene, Neda, Ames, Betanzos, Cambre, Arteixo, Coirós, Noia, Oleiros, Padrón, Corme, Begonte, SalvaTerra, Camariñas e, como non, de Vimianzo.

O pavillón estará aberto a partir das 10:00 horas da mañá para todo o público que nos queira visitar. A comida de confaternidade será ás 13:30 horas no Restaurante Pastoriza.

As Nemaquiñas queren agradecer a colaboración e apoio da alcaldesa Mónica Rodríguez Ordóñez.

Novas relacionadas

Comentarios