Sábado. 05.10.2024
El tiempo

O BNG da Costa da Morte denuncia que o pacto antitransfuguismo impide a moción de censura de Vimianzo

O BNG da Costa da Morte denuncia que o pacto antitransfuguismo impide a moción de censura de Vimianzo
Manuel Antelo o pasado dia 2 en rolda de prensa-Foto-Roberto Rua

O BNG da Costa da Morte lanza hoxe un comunicado no que "expresa o seu apoio ao alcalde de Vimianzo e denuncia a inviabilidade da moción de censura pola vixencia da lexislación antitransfuguismo".

Argumentan que "dous dos concelleiros asinantes foron expulsados do seu partido polo que a lei e ben clara e fai imposíbel levar a moción de censura adiante, agás que se faga de maneira ilícita".

Así, "dende o consello comarcal do Bloque Nacionalista Galego queremos transmitir o noso máis forte apoio ao alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo Pazos, nuns momentos en que volve a reabrirse o debate sobre unha posíbel moción de censura para a que non existe ningún motivo real".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG Costa da Morte.

Comentarios