O concello de Vimianzo asume a xestión dos Batáns do Mosquetín
07:07 26/02/16
O responsable de Patromino da Deputación reuniuse onte no Mosquetín con Manuel Antelo e Marta Rey
Será a partir do vindeiro 18 de marzo - día no que remata o contrato da empresa que se ocupa da apertura e as visitas - cando concello de Vimianzo asuma a xestión dos tres batáns e dos sete muíños de cereais que conforman o conxunto etnográfico dos Batáns de Mosquetín.
O responsable da área de Contratación e Patrimonio, o nacionalista Xesús Soto, visitou onte o concello de Vimianzo e reuniuse co alcalde, Manuel Antelo e a concelleira de Cultura, Deportes e Mocidade, Marta Rey para acordar os termos do novo convenio que ambas institucións asinarán proximamente e que incluirá por vez primeira os Batáns do Mosquetín. Ate agora, o acordo co concello só regulaba as actuacións no Castelo e, de maneira singular, na organización da Mostra de Artesanía que se vén celebrando desde 1994. O novo convenio incluirá a atención a visitantes, a realización de actividades complementarias e a divulgación dos dous recursos turísticos.
Tres batáns e sete muíños compoñen o conxunto etnográfico do Mosquetín
Na visita, o alcalde Manuel Antelo destacou a riqueza patrimonial de Vimianzo e as súas posibilidades para a promoción turística e o desenvolvemento económico do concello ademais de adiantar distintos proxectos encamiñados a poñer en valor, de maneira especial, o castelo de Vimianzo como espazo de grande valor histórico. Canda o aproveitamento do Castelo como recurso turístico e símbolo de identidade para a veciñanza, Antelo destacou a potencialidade do entorno dos Batáns do Mosquetín, un conxunto de arquitectura popular único nun enclave paisaxístico singular presidido polo río Grande. Ademais destes dous recursos que centran o convenio coa Deputación, tanto Antelo como a concelleira Marta Rei destacaron a riqueza megalítica de Vimianzo con máis de douscentos dolmens e mámoas que fan do concello un centro de interese para o turismo cultural.
Actividades
Os termos acordados para o convenio contemplan en canto ao castelo a realización dunha nova edición da Mostra de Artesanía ao vivo, a xestión de visitas guiadas e atención ao público, roteiros trazados desde este edificio patrimonial ademais de actividades de difusión e promoción do enclave.
En canto aos Batáns do Mosquetín, o convenio regulará que este ben patrimonial de titularidade da Deputación sexa xestionado directamente polo concello de Vimianzo que se ocupará do servizo de atención a visitantes, actividades de animación e comunicación e promoción do espazo patrimonial. Entre outras iniciativas, contémplase o desenvolvemento de actividades de animación relacionadas coas muiñadas e o bataneado de mantas de lá.
Novas relacionadas
- Recunchos da Costa: Os Batáns do Mosquetín
- A artesanía continúa viva no castelo de Vimianzo
- O Castelo de Vimianzo, Dombate, As Torres do Allo e os Batáns do Mosquetín volven abrir as portas
- Abertas as convocatorias para xestionar os Batáns e as Torres do Allo
Novas sobre o Parque do Megalitismo
- 14-10-14: O Parque do Megalitismo da Costa da Morte, 13 anos de quimera.
- 26-10-11: Pasiño a pasiño co Parque do Megalitismo.
- 13-07-08: Un paso máis cara a aprobación final do Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte.
- 11-08-08: 14 megalitos da Costa da Morte serán denominados Bens de Interese Cultural .
Máis novas arqueolóxicas
- A Croa do Castro de Cerqueda, un proxecto fetén de Arqueoloxía Social.
- “O Proxecto das Croas de Niñóns non se podería levar a cabo sen os veciños”.
- A arqueoloxía social que descobre murallas.
- As Croas de Niñóns: novo exemplo de vangarda arqueolóxica dende a Costa da Morte.
- Recuperación internacional dos sendeiros de Titania.
- O Castro de Mallou abriuse aos veciños nun novo exemplo de arqueoloxía social.
- Primeira etapa da Torre dos Mouros, un proxecto do pobo.
- O Castelo de Brandufe, un novo tesouro agochado do altomedieval costeiro.
- O patrimonio volve ás mans da cidadanía.
- Excursión pola Ruta das Antas da Costa da Morte.
- O SEMESCOM sumérxese na rede e dixitaliza as súas obras.
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Vimianzo