Mércores. 01.05.2024
El tiempo

Os Penélopes fanse co Maratón Solidario 3x3 da Cherinkas

Os Penélopes fanse co Maratón Solidario 3x3 da Cherinkas
Os Penelopes foron campions do 3x3 de Vimianzo

Tralo Maratón de Futbol Sala de Baio, imos ata Vimianzo para ver como foi o Maratón de fútbol 3x3 organizado por AX Cherinkas este pasado sábado. Un Maratón ademais solidario, polo que a recadación (220 Euros) foi entregada a Plataforma Solidaria das Asociacións do Concello de Vimianzo.

Participaron un total de 19 equipos dende A Laracha ata Cee, pasando por Carantoña, Dumbría, Baiñas, Vimianzo e Camelle. Houbo un gran nivel de equipos e ao final a veterania dos Penélopes (Costa, Juan Obello, Fran Pioto, Javi Jemisa e Bruno) impúxose a xuventude da Pocha (Chuchi, Cristian Canosa e Chans) e leváronse a IV edición dun torneo que cada ano gusta máis. Terceiro clasificado quedou Urroa e cuartos Laracha.

Entrega trofeo a bruno penelopes A Pocha foron os Subcampións do 3x3 da Cherinkas Resultados Maraton 3x3 Cherinkas 2013

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios