Os pinchos, a artesanía, a música e o teatro dos irmandiños asaltarán o Castelo de Vimianzo


Xa coas Xornadas do Pincho Irmnadiño en marcha, Vimianzo se prepara para a loita. Para a loita e para xantar, xa que sespois do éxito do ano pasado na véspera do acontecemento o foso do castelo acollerá a máis de 300 persoas para cear. Pero a cita grande chega o sábado, cunha morea de propostas: pasarrúas musical e teatreiro, feira artesanal, pinchos, festival de música, teatro histórico e, sobre todo, moita troula.
Nesta festa, que se perfila dende hai anos como a máis agardada do verán na bisbarra, vólvennos a sorprender cunha orixinal idea. A representación histórica de como o pobo irmandiño, os campesiños de Soneira, se rebelan contra os seus señores e toman a fortaleza dos nobles, é a parte máis representativa da festa, e cada ano supón un novo reto.
Este ano a Cherinkas dalle de novo unha volta máis á representación: o detonante da furia labrega terá acubillo en: Praza esperanza. A lenda do aforcado. Unha adaptación da lenda de Fernando de Xinzo. Explica a historia emocionante dunha revolta contra o poder caciquil narrada por unha meiga que levará aos asistentes cara a unha verdadeira batalla campal que terá un final sorprendente.
Un gran día de festa

O sábado, o programa estará cargado de actividades na rúa. A gran novidade deste ano é unha petición que se vén arrastrando desde hai anos e que desta volta se ve realizada: O sábado 2 de xullo a vila de Soneira contará cunha feira artesanal digna de rememorar a historia.
Ademais, 13 establecementos da localidade participarán na iniciativa do “Pincho Irmandiño”. E por se fora pouco a vila encherase co espíritu do Asalto con diferentes actividades: Mostra de artesanía en vivo, Obradoiros infantís... e mesmo unha exhibición de tiro con arco. Será ao mediodía cando comece a música co baile rexional na praza do Concello. Os encargados de poñer as primeiras notas serán a Foliada de Salto e Airiños do Río Grande. A gran novidade de este ano para a tarde do evento son os espectáculos na rúa e actuacións Clown.
Xa ben entrada a tarde a praza de Castelao acollerá o Circuito Musical do Asalto con gaiteiros, percusionistas e a actuación de Dambara Burela, Requinta do Xián e Fol Baleiro. Todo isto mentres veciños e visitantes degustan os Pinchos Irmandiños polos bares e restaurantes da vila.
Todas estas actuacións continuarán no campo da festa do Asalto cos espectáculos musicais dos ferroláns Chiculate e un dos pratos fortes do evento: Berrogüetto. Eles darán paso ao Asalto ao Castelo de Vimianzo ás 12 e media da noite.
A festa continuará despois de derrocar aos señores do Castelo. Funky Style Brass, un grupo enérxico e alegre vido de Francia, e Malakatón e a súa rumba catalana subirán os ánimos dos irmandiños ata ben entrada a madrugada.
É importante destacar que a organización do Asalto pon a disposición dos visitantes unha zona de acampada, aluguer ou merca de traxes da época e servizo de cociña. Na páxina web do asalto www.asaltoaocastelo.org pódese consultar con máis detalle todo o programa e facer as reservas de merchandising.
I Feira Artesanal do Asalto
Ata 17 postos, se cadra algún máis, participará na Praza do Concello, desta primeira Feira Artesanal. Ademais, a meirande parte son da zona, chegados a través da nova asociación de artesáns "Feito a man":
Artesanía Cogomelo | Rakel Rey | Malpica | Traballos en coiro, semillas e xabróns. |
O Pano Encantado | Aránzazu Fernández | Ponteceso | Traballos en telas, desde roupas ata marionetas. |
Dos Lunas | Diego Pérez | A Coruña | Artesanía en coiro. |
Bolatola | Lorena Castro e Lorena Garel | Carnota | Cosmética natural. |
Laura Garey | Laura Gallardo | Muros | Artesanía en coiro. |
Belabalúa | Alicia González e Sabela López | A Coruña | Complementos e bonecos feitos en fieltro, cartomancia. |
Konciencia | Pablo Penide | Arteixo | Artesanía en madeira e cerámica, roupa étnica. |
Pimpis&Lampis | Noelia Lema e Marta Luaces | A Coruña | Broches de fieltro, diademas, roupa, bisutería e outros complementos. |
Librería Roget | Roget | Vimianzo | Libros antigos. |
Chiquibana | Natividad Paz | A Coruña | sacos térmicos, xabróns, bisutería en pel e velas. |
Outras Latitudes | José Antonio Garrido | O Grove | bisutería en prata e pedras. |
Monxo Artesanía | José Ramón Iyáñez | Alicante | Carteiras, moedeiros, collares, pulseiras… |
As Burgas | Luis Filgueira | Fisterra | Telar. |
Grabados Lydia Moro | Lydia Moro | Fisterra | Gravados calcográficos, pendentes, broches e pasadores. |
Marloxo | Marta | Corcubión | Quilling e libretas e marcos de tea e coiro. |
Maquetas Sambad | José Sambad | Muxía | Maquetas. |
As Maritas | Mara | Muxía | Carteiras de cómic, fundas, carteiras etc. |
Máis información
- Programa do Asalto 2011.
- Facebook "Asalto ao Castelo".
- asaltoaocastelo.org.
- Contacto: festa@asaltoaocastelo.org
Novas relacionadas
- Os Irmandiños comezan o Asalto a base de pinchos.
- Coñecendo aos malos do Asalto cun novo vídeo da Cherinkas.
- 4 días de Revolta Irmandiña no Asalto ao Castelo de Vimianzo.
- A nova historia do Asalto en vídeo: A Lenda do Aforcado.
- A Cherinkas comeza coa promoción audiovisual do Asalto.
- O Asalto busca heroes, artesáns e pinchos irmandiños.
- Os Irmandiños buscan o seu pincho .
- Esteiro superou a Vimianzo na Baixada de Carrilanas de Trasouteiro.
- O Asalto ao Castelo irá acompañado dunha Feira Artesanal.
- O Asalto ao Castelo de Vimianzo quece motores.
Outras novas festivaleiras
- O Nordestazo Rock xa ten cartel guerrilleiro.
- A música e o surf mestúranse no Sereas e Piratas de Razo.
- O Festival ConVdeValarés asina coa Axenda SON da Estrella Galicia e completa o cartel.
Novas e vídeos do Asalto
- Galería de imaxes do Asalto ao Castelo de Vimianzo 2010: As fotos que os Irmandiños non viron.
- Asalto ao Castelo 2010: O pobo irmandiño retomou Soneira.
- O derradeiro vídeo do XV Asalto ao Castelo de Vimianzo.
- A "Resistencia Irmandiña do 1467" xa no youtube.