Luns. 09.09.2024
El tiempo

A sala de exposicións Antón Mouzo acolle unha mostra fotográfica sobre o Camiño dos Faros

A sala de exposicións Antón Mouzo acolle unha mostra fotográfica sobre o Camiño dos Faros

Este sábado, ás 20:00 horas, inaugúrase na sala de exposicións Antón Mouzo - situada na Casa da Cultura de Vimianzo - a mostra itinerante "O camiño dos faros, unha imaxe a cada paso". 

A exposición recompila máis de 40 instantáneas de Trasninho da Costa da Morte, Esther García, Antonio González Franco e Chano Amado nas que se pode apreciar a beleza paisaxística da Costa da Morte.

Con esta mostra, a Asociación O Camiño dos Faros busca poñer en valor aos fotógrafos trasnos que desde os inicios contribuíron co seu ollar á difusión desta ruta. Coas súas imaxes, tanto en cor coma en branco e negro, transmítenlle aos
espectadores a beleza paisaxística da Costa da Morte.

Comentarios