Tesouros de Berdoias (X): Fornos Grandes - Fornos Pequenos
MOSTRA DO PATRIMONIO MATERIAL DA PARROQUIA DE BERDOIAS:
CONSTRUCIÓNS DE TRANSFORMACIÓN DE GRAN:
OS FORNOS (II):
FORNOS GRANDES - FORNOS PEQUENOS
A Asociación Parroquial de Berdoias e o Semescom levan localizados 70 fornos nos lugares da parroquia. Estas pequenas arquitecturas, complementarias das casas-vivenda, eran de composición delicada e complexa xa que a súa construción requería coñecementos, cálculos axustados, materiais axeitados, non só para o seu basamento e cimentación senón tamén, sobre todo, para a súa cámara abovedada que asegure unha óptima cocción, e mesmo para o seu bombo exterior, que teña un bo e imprescindible illamento.
Os fornos eran os protagonistas finais do pan de cada día, os lugares onde remataba o longo e labarioso proceso produtivo do millo, do trigo, do centeo...
E se foron protagonistas, xa non digamos o de testemuñas de moitas historias nacidas ou contadas noutrora a carón das lareiras.
Velaquí, os tres fornos máis grandes da parroquia:
- O FORNO DO PAZO, en Boallo, de 1,50 m de diámetro interior / e 1,10 m de altura.
- O FORNO DA GAIA, na Pedra do Frade, de 1,35 m de diámetro interior/ e 1,40 m de altura.
- O FORNO DE FRANCISCO, en Boallo, de 1,20 m de diámetro interior, e 1,20 de altura.
E tres fornos, dos máis pequenos da parroquia:
- O FORNO DA CAPACHA, en Grixoa, de 0,41 m de diámetro interior/ e 0,63 m de altura.
- O FORNO DA CASA DO AGRO, na Casanova, 0,58 m diámetro interior,e 0,76 m de altura.
- O FORNO DO CARMELO, en Berdoias, de 0,60 m de diámetro interior, e 0,70 m de altura.
… Que non dariamos por poder volver escoitar e interpretar as historias que naceron na lareira, a carón do pequeno e humilde forno da Capacha en Grixoa... ou as historias que naceron a carón do forno do Pazo De Boallo…
Forno da Gaia, na Pedra do Frade (gravación de Fernando do Coto).
Forno da Capacha
Forno do Carmelo
TESOUROS DE BERDOIAS
- Tesouros de Berdoias (IX): Os Fornos:
- Tesouros de Berdoias (VIII): Os Muíños.
- Tesouros da Parroquia de Berdoias (VII): Unha parroquia de 35 Eiras.
- Tesouros da Parroquia de Berdoias (VI): A Eira do Farruquiño no lugar de Boallo.
- Tesouros da Parroquia de Berdoias (V): A Eira do Carmelo.
- Tesouros da Parroquia de Berdoias (IV): A Eira do Buxán, en Santa Cristiña.
- Tesouros da Parroquia de Berdoias (I): A Eira da Rata
- Tesouros da Parroquia de Berdoias (II): A Eira do Sores, en Romar..
- Tesouros da Parroquia de Berdoias (III): A Eira de Rúa e a Eira da Gaia.