Martes. 01.12.2020
El tiempo

Tesouros de Berdoias (XVII): Os Pombais

Continuamos da man da “Asociación Parroquial de Berdoias“ e do Seminario de Estudos Comarcais (SEMESCOM), recuperando o rico e variado patrimonio que atesouran os lugares da parroquia vimiancesa de Berdoias.
Tesouros de Berdoias (XVII): Os Pombais

MOSTRA DO PATRIMONIO MATERIAL DA PARROQUIA DE BERDOIAS (XVII)
CONSTRUCIÓNS DE CRÍA E HABITACIÓN DE ANIMAIS:
- OS POMBAIS

Como todo o mundo ben sabe, o pombal é unha arquitectura singular que serve para dar acubillo e cría das pombas. Considerando a escasa rendabilidade das pombas dentro da economía doméstica, a presencia dos pombais, na maioría dos casos, reducíuse a fincas das casas grandes, rectorais, mosteiros, pazos…

Na parroquia de Berdoias hai dous exemplares: O POMBAL DO CARMELO en Berdoias e o POMBAL DE SONIA en Boallo.

Nos dous casos, son construcións adaptadas a terreos empinados, cercanos ás casas-vivenda. Son estes pombais, como acontece na maioría , dous corpos cilíndricos, de base circular, e con portas de pequenas dimensións. No pombal de Boallo a medida do seu diámetro interior-4,23 m- coinciden coa altura dos seus muros. Pola contra, no de Berdoias, máis esbelto, o diámetro interior é de 2,5 m, por 3,70 m o do muro na súa parte máis alta.

En ambos os dous, os muros son de cachotería, e estaban revocados polo exterior con barro caleado, mellor conservados, neste aspecto, os do de Boallo. O hermetismo dos pombais tan só se rompe cunha porta de reducidas dimensións e cos ocos, de entrada e saída das pombas ubicados enriba do beiril no que rematan os muros.

No interior conservan o conxunto contínuo de nichos de pedra para aniñar as pombas, e tan só no de Boallo conserva unha mesa central rectagular onde se depositaba a comida das pombas.

Na actualidade, os dous pombais carecen de cubertas axeitadas, a do de Boallo, que non a ten, sería cuberta de tipo cónico, e a do de Berdoias, provisoria, é de teito a unha vertente, tamén chamado de ferradura.

2 Pombal de Berdoias copiaPombal de Berdoias
Pombal de Boallo copia
Pombal de Boallo

4 Interior, nichos do pombal de Berdoias copia
Interior, nichos do pombal de Berdoias

Interior, nichos do pombal de Boallo copia
Interior, nichos do pombal de Boallo

6  Pombal de Berdoias,eira e cabazos copia
 Pombal de Berdoias, eira e cabazos

7 Mesa de pedra no interior do pombal de Boallo copia
Mesa de pedra no interior do pombal de Boallo

TESOUROS DE BERDOIAS

comentarios