Luns. 19.10.2020
El tiempo

Tesouros de Berdoias (XIV): As lacenas de abellas

Continuamos da man da “Asociación Parroquial de Berdoias“ e do Seminario de Estudos Comarcais (SEMESCOM), recuperando o rico e variado patrimonio que atesouran os lugares da parroquia vimiancesa de Berdoias. Hoxe comezamos unha serie sobre as lacenas de abellas.
En Boallo, tres Lacenas de abellas nun cabanel dos carros.
En Boallo, tres Lacenas de abellas nun cabanel dos carros.
Tesouros de Berdoias (XIV): As lacenas de abellas

MOSTRA DO PATRIMONIO MATERIAL DA PARROQUIA DE BERDOIAS
CONSTRUCIÓNS DE CRÍA E HABITACIÓN DE ANIMAIS (I):
AS LACENAS DAS ABELLAS

Poder achegarmos, con mirada atenta e curiosa, ás lacenas das abellas, esas vellas “tatuaxes” que aínda perviven nas paredes de moitas das nosas arquitecturas rurais, foi toda unha aprendizaxe. AS LACENAS das abellas veñen ser unhas pequenas construcións que permitiron desde moi antigo, e aínda permiten hoxe, que as abellas formasen parte da casa e, xa que logo, cos enxames de abellas na casa ou preto supuxo para os labregos e labregas ter a man a posibilidade de satisfaceren as súas necesidades de mel e cera.

Cando os canteiros costruían as casas-vivenda, e ou outras construcións complementarias da casa coma as cortes, as cabanas, os cabaneis...etc. adoitaban construír tamén nos seu muros uns compartimentos, uns habitáculos para as abellas. Pola súa parte interior viñan ser uns ocos cuadrangulares de ata uns 60 cm de alto, entre 40 cm e 50 cm de ancho, e de fondo o que permitía o grosor da propia parede.

A base do habitáculo, por dentro, vén ser a soleira, unha lousa que adoita sobresair ó exterior como unha repisa ou pousadoiro para as abellas. Nos laterais do interior van dúas lousas que, nalgúns casos, sobresaen polo exterior como abeiros, abrigos coa función de tornachuvias e ou torrnaventos. O oco remata pola parte superior coa tapa , outra lousa que adoita sobresair cara ó exterior coma un topete ou pestaniña coa función tamén de tornachuvias.Finalmente, todo o compartimento queda pechado polo exterior cunha lousa frontal vertical que ten na súa base a piqueira, nalgún caso màis de unha, pequeno buratiño para a entrada e saída das abellas.
Unha vez rematada xa a lacena, esta adoitaba pecharse pola parte interior cunha tampa de madeira, precintada con bosta de vaca polo bordes, e que non se abría ata o momento de facer a castra das abellas: coa retirada da parte dos panais de mel e cera que correspondían.

(Nesta fermosa viaxe pola nosa apicultura, contamos coa inestimable axuda do traballo de investigación que, sobre as Lacenas da Costa da Morte, fixeron o muxián Manolo Vilar, e os fisterráns Xesús García Devesa e David García San León. Contamos tamén coas investigacións sobre a importancia do mel na Costa da Morte feitas polo porteño Rafael Lema, e a súa vez coa colaboración e asesoramento da estudosa e divulgadora do Patrmonio, a muxiá Carme Toba).

2 Partes dunha lacena, polo interior copia 2Partes dunha lacena, polo interior

3. Partes dunha lacena, polo exterior copia 2
Partes dunha lacena, polo exterior 

                               Tampa de madeira que pecha a lacena ata o momento da castra


En Sta Cristiña, retirando a tampa para iniciar a castra


Afumando os panais de cera e mel dunha lacena 

Cortando para extraer parte dos panais
 Cortando para extraer parte dos panais 

Parte dos panais que se deixan na lacena  para alimentación das abellas
Parte dos panais que se deixan na lacena  para alimentación das abellas

Porción de panal, para separar cera e mel
Porción de panal, para separar cera e mel

TESOUROS DE BERDOIAS

comentarios