Domingo. 06.12.2020
El tiempo

Tesouros de Berdoias (XVI): Alvarizas

Continuamos da man da “Asociación Parroquial de Berdoias“ e do Seminario de Estudos Comarcais (SEMESCOM), recuperando o rico e variado patrimonio que atesouran os lugares da parroquia vimiancesa de Berdoias.

Tesouros de Berdoias (XVI): Alvarizas

MOSTRA DO PATRIMONIO MATERIAL DA PARROQUIA DE BERDOIAS (XVI)
CONSTRUCIÓNS DE CRÍA E HABITACIÓN DE ANIMAIS:
ALVARIZAS

Despois das referencias feitas ós antigos apiarios da parroquia como son as denominadas lacenas de abellas que, aínda hoxe, nun total de 99, se conservan en paredes de moitas casas–vivenda, cortes, cabaneis,cabanas... dos lugares de Berdoias, imos facer mención agora a outro tipo de construcíons de cría e habitación de abellas como son as alvarizas.

As alvarizas, ó contrario que as lacenas, son construcóns a ceo aberto, cerradas ou abertas, que acollen e protexen un conxunto de colmeas de abellas.

As alvarizas son dos elementos patrimoniais máis dificultosos de atopar, porque cada vez quedan menos informantes que poidan dar cadra precisa da súa existencia. E ademais o feito de se atoparen máis ou menos lonxe da casa, de levaren moito tempo sin ser utilizadas, presas do abandono e da vexetación, fan máis difícil aínda a súa localización exacta.

Sabemos de alvarizas, hoxe desaparecidas, preto dos lugares de Berdoias, A Casanova, e na Pedra do Frade. Igualmente estamos pendientes de poder confirmar e localizar outras en Boallo, polo que deixamos aberto o inventario sobre este elemento patrimonial.

Velaquí, fotografias de 5 exemplares:

- A ALVARIZA DO GANDIÑO en Berdoias, está localizada moi preto do lugar, nunha estrema dunha finca agrícola , e a carón da Vía Mariana Luso Galaica. É unha pequena construción cerrada, de paredes baixas, e de planta ovalada. Arredor dos seus muros de cachotería, polo interior parte unha cuberta de lousas de granito apoiadas sobre outras laxes verticais, facendo unha sucesión de marquesiñas de pedra onde ían colocados e protexidos os trobos das abellas de formas cuadrangulares e de madeira, como aínda se poden apreciar na fotografía antiga que aportamos. Na actualidade, o estado de conservación da construción non é bo.

2 Alvariza  do Gandiño, en Berdoias copia
Alvariza do Gandiño

- A ALVARIZA DO VARELO, en Grixoa, localizada na horta que está a carón da casa, en plena Vía Mariana, é unha pequena construción aberta, lineal, unha tipoloxía propia da Terra de Soneira, Bergantiños, e Xallas. Dun valado de pedra que lle serve de proteción polo posterior, parte unha cuberta de lousas, e con divisións dos espazos cubertos mediante laxes verticais. Precisamente nesta especie de marquesiñas de pedra é onde se instalarían, protexidas, as colmeas de madeira.

Alvariza lineal, do Varelo, en Grixoa
Alvariza lineal, do Varelo, en Grixoa

- AS DÚAS ALVARIZAS DE FRANCISCO, en Boallo, construcións ubicadas nun monte, preto do lugar e da ponte do Vao Pedroso, e mesmo a carón da Vía Mariana Luso-Galaica. Unha das dúas alvarizas é cerrada, de planta cadrada, e só conserva en bo estado o seu muro perimetral. A outra alvariza é aberta, de planta en L, e que aínda mantén boa parte das marquesiñas de pedra, esa sucesión de espazos cubertos por laxes pousadas en cepas verticais, e que daban acobillo e proteción ás colmeas.

4 Alvariza en L, de Francisco, en Boallo copiaAlvariza en L, de Francisco, en Boallo

5 Alvariza cadrada, de Francisco, en Boallo copia
Alvariza cadrada, de Francisco, en Boallo

- UNHA ALVARIZA EN BOALLO, nunha estrema dunha finca privada que limita coa Vía Mariana. É tamén unha construción aberta, e de planta en L. Na actualidade, en deficiente estado de conservación, pero que aínda se poden apreciar a súa forma e algunhas marquesiñas onde se instalaban as colmeas.


Alvariza en  L, en Boallo

TESOUROS DE BERDOIAS

comentarios