Un verán de bici e campamento en Vimianzo


O pasado venres remataba o Pequecampamento Vimiverán no que participaron 35 nenos e nenas de entre 3 e 5 anos que durante unha semana participaron en diferentes actividades culturais e deportivas. Agora é a quenda dos máis maiores e 70 nenos e nenas de idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos comezan a súa semana de actividades do Vimiverán.
Logo de que os recibise no concello a Concelleira de Benestar Social, Mª Xosé Ramos, sacaron a foto de rigor que quedará como recordo do campamento. A primeira actividade da mañá será a elaboración dun marco para a foto de benvida e comezarán un taller de reciclaxe para elaborar papel, antes de iren rematar a mañá na piscina municipal.
Mañá martes terán que superar unha serie de probas na Xincana “Misión Imposible” e logo voltarán refrescarse á piscina. O mércores, ao igual que fixeron os pequenos, converteranse en panadeiros coa colaboración de PanIgnacio. O xoves será o día máis longo pois o campamento será todo o día: pola mañá continuarán co taller de reciclaxe comezado o luns, elaborando diferentes cousas co papel creado. Pola tarde desprazaranse a Cabana de Bergantiños para practicar piragüismo na ría e a noite pasarana no pavillón municipal de Vimianzo, cunha velada moi animada. E o venres rematarán o campamento cunha ruta de sendeirismo ao Penedos de Pasarela
Un domingo en bici

A actividade cultural e deportiva en Vimianzo non descansa nin as fin de semana e deste xeito o domingo desde antes das 10 da mañá nas rúas da vila notábase o ambiente deportivo. Os ciclistas comezaban a achegarse á Praza do Concello para inscribirse na ruta de 12 Km que percorrerían o Val de Vimianzo, nun Día da Bicicleta organizado por La Voz de Galicia e o Concello de Vimianzo. O Tenente Alcalde, Fernando Mancebo, daba a saída aos ciclistas ás 11 da mañá, entre os que se atopaba o concelleiro de Medio Ambiente Anselmo Ramos, que participou na ruta con toda a familia. na metade da ruta os ciclistas fixeron unha parada para retomar forzas na praza de Cambeda onde ademais de bebida moi agradecida no caloroso día de onte, puideron degustar a rosca xentileza de PanIgnacio.
Logo do avituallamento, continuaron a ruta ata a Praza do Concello a onde chegaron preto das 13 horas. Era entón o momento do sorteo de agasallos entre os participantes e da tan agardada bicicleta que nesta ocasión recaeu en Mohamed Hafé Handi, un neno saharaiui que pasa o verán en Vimianzo dentro do programa Vacacións en Paz. Parabéns para Mohamed e para todos os participantes na ruta, que agardamos repitan na 3ª edición o vindeiro ano.
Novas relacionadas
- O Castelo de Vimianzo estará vivo todo o verán.
- O Asalto cumplíu a maioría de idade e segue medrando.
- O Concello de Vimianzo presenta alegacións á negativa da Xunta a declarar o Asalto Festa de Galicia de interese turístico.
- En marcha a Fagía de Carnés, a festa gastronómica con máis de 400 anos.
- 10 artesáns da Costa da Morte manteñen vivo o Castelo de Vimianzo.