Vimianzo acolle a Asemblea Constituínte do CMAT


Falábase de marzo como posible mes para a posta en marcha do CMAT, o ente que servirá de nexo entre o sector turístico da Costa da Morte e as administracións. Pero o tempo apremia e os membros da nova directiva da APTCM, contando co respaldo da Xunta e Deputación xa teñen convocada a Asemblea constituinte.
Será este xoves 26 de febreiro, ás 17:00h en Vimianzo, cando a entidade e os alcaldes que xa levaron a pleno a súa adhesión á nova Costa da Morte Asociación Turística, asinarán os estatutos.
Un asunto que urxe, pois saben que Deputación pecha as vías de financiamento o 21 de marzo, e a Xunta o día 30, polo que hai que estar perfectamente rexistrado, e ter un CIF, para poder presentar proxectos antes desas datas. “Se non o facemos xa, imos perder un ano enteiro”, valora a directiva, que leva meses traballando arreo para chegar en tempo, e que mesmo xa ten unha serie de proxectos para presentar ás dúas administracións.
Unha directiva que non entende os malos entendidos xerados trala reunión co PP provicincial, por un artigo de Xan García no que os acusa de partidistas. “Non foi unha foto partidista, tiñamos pendente unha reunión con Diego Calvo e Nava Castro para esixirlle as nosas demandas e ese era o único momento no que os tiñamos xuntos. Se temos que ir a Madrid a pedir a calquera outro partido, iríamos. Se hai que pedir cartos para o turismo da Costa da Morte, imos ir sempre. Ademais, conseguimos compromisos firmes da Deputación e da Xunta, e iso é importante”, apunta o presidente Pablo Canosa.
Novas relacionadas
- Solpor abrirá unha oficina en Santiago sobre o Camiño a Fisterra-Muxía.
- O PP provincial apoia o Xeodestino Costa da Morte.
- Piden unha auditoría das contas da Neria.
- Ata a Deputación denuncia as débedas da Asociación Neria.
- A Costa da Morte, por parroquias, moi presente na FITUR.
- O CMAT podería estar en marcha en varias semanas.
- A Costa da Morte entende a necesidade do CMAT.
- Nace Solpor, unha Asociación de Profesionais para unir o Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía.
- Por un futuro cheo de vida no Camiño dos Faros.
- Deputación e Concellos danlle un impulso ao CMAT.
- Os Concellos apuntan ao CMAT.
- Pablo Canosa: Levamos 10 anos de retraso e por iso fai falta o CMAT.
- 26-03-14: A APTCM aprobou a súa integración no CMAT e a renuncia do seu presidente.
- A Xunta recoñece ao CMAT como único interlocutor para o turismo na Costa da Morte.
- 30-12-13: Presentado o ente turístico que xestionará o xeodestino Costa da Morte.
- 20-12-13: CMAT: En marcha o ente que unirá o turismo na Costa da Morte.