Venres. 26.04.2024
El tiempo

Os Concellos apuntan ao CMAT

Os Concellos apuntan ao CMAT
O CMAT Costa da Morte Asociación Turística será presentada o vindeiro 27 de xaneiro

Falabamos estes días con Pablo Canosa, o novo presidente da APTCM, e recoñecía que a posta en marcha do CMAT, como se vai chamar aquí ao Consorcio de Turismo (Costa da Morte Asociación Turística), é o seu principal obxectivo. Un CMAT que terá participación privada (a da propia APTCM como patronal e mais da Neria, se efectivamente confirma as intencións que fixo públicas o seu Secretario) e pública. Parece que a Xunta e a Deputación están interesados en sacalo adiante, polo que os Concellos son claves.

A día de hoxe os Concellos de Cabana, Laracha, Fisterra, Zas e Cee xa confirmaron a súa adhesión. E outros tantos o teñen comprometido, como son o de Vimianzo, Ponteceso e Muxía.

Así mesmo, a directiva da APTMC quere amosar a súa “satisfacción e optimismo despois das primeiras reunións cos alcaldes da Costa da Morte”. A axenda da directiva segue repleta de reuniçons cos mandatarios, pero destacan que as últimas xuntanzas cos responsables dos concellos de Dumbría, Carnota e Corcubión foron “satisfactorias” e “todos amosaron o seu interese popo proxecto CMAT e animaron á APTCM a continuar nesa liña”.

Están xa fixadas as xuntanzas con Carballo, Mazaricos, Laxe e Coristanco, e con iso xa terían tocado aos 17 concellos que forman o Xeodestino Costa da Morte, o verdadeiro paraugas que abrangue a bisbarra en materia turística para as administracións.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios