Martes. 08.10.2024
El tiempo

PROXECTO EUROPEO #EUSAVE

Vimianzo afonda, como capital europea, en estratexias concretas de patrimonio e desenvolvemento rural

Proxecto EuSAVE en VImianzo
Vimianzo afonda, como capital europea, en estratexias concretas de patrimonio e desenvolvemento rural

Continúa o Concello de Vimianzo inserido en programas europeos. Da man da ADL Rosa Sánchez, a consultora INDA Iniciativas, e co apoio total do alcalde Manuel Antelo e a concelleira Marta Rey, o Concello vimiancés leva varios anos inmersos no programa “Europa cos cidadáns”.

Empezaron en 2015, cun proxecto Erasmus. En xa estaban inmersos no programa bianual ENR4mov, sobre emigración. E en 2018 comezaron a traballar neste #EuSAVE, que analiza as posibilidades do patrimonio no desenvolvemento local.

Este mércores arrincou na capital soneirá o 1º Encontro Internacional «O futuro dos territorios rurais europeos e o valor social do patrimonio cultural das vilas históricas da UE, a debate». Un programa de 3 días no que participan delegacións procedentes de Bélxica, Bulgaria, Croacia, Italia, Letonia, Portugal e a República de Macedonia, e que continuarán noutros encontros internacionais, dos que dous deles se volverán facer en Vimianzo (líder do proxecto) e outros 5 no resto de países.

O programa suscitou a atención de numerosos profesionais de distintas áreas, e durante estes días achegáronse como público xente relacionada co patrimonio histórico, ténicos ADLs e de turismo, xentes de asociacións, e de empresas de turismo, e algún alumnado e profes do IES Terra de Soneira.

Durante o xoves foron ponencias (coa custosa tradución simultánea) tremendamente interesantes, como recoñece a propia Rosa Sánchez, “moi adecuadas ao obxectivo do proxecto, que pretende crear unha estratexia de desenvolvemento local, participada, baseada no patrimonio culural e inmaterial”.

Presentación e definición de conceptos

A presentación serviu para falar do Desafío Demográfico, co asesoramento do Ministerio de Cultura, e para que os países participantes fixeran un primeiro achegamento ás súas realidades. Ademais, especialistas aproveitaron para definir unha serie de conceptos importantes, que todos os participantes deben ter en común para o desenvolvemento da estratexia.

Valeria Paül Carril, do Grupo de Investigación ANTE – Análise Territorial, Universidade de Santiago de Compostela, afondou na evolución do concepto do desenvolvemento local, analizando os erros e acertos da súa implantación en Galica.

A presencia de Roberto Penas Fuentes, xefe do Servizo de Arqueoloxía da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, espertou un gran debate entre moitos dos asistentes que non dubidaron en manifestar o seu descontento co trato que a Xunta ten co patrimonio da nosa comarca, lembrando asuntos como o Parque do Megalitismo, aparcado 20 aanos pola Xunta e agora recuperado pero por outra administración, a Deputación. Pena Fuentes argumentou que non hai recursos para todo.

Iria Caamaño, da Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña, analizou pormenorizamente os conceptocs do turismo creativo e industrial, dous produtos que se van analizar moito neste proxecto.

Panel da tarde

O panel da tarde foi moi diverso. Abriu a quenda a concelleira de Cultura vimiancesa, Marta Rey, demostrando coin feitos a enorme aposta municipal polo patrimonio, describindo a estratexia de posta en valor de elementos como o Castro de Barreiras, o Dolmen Pedra da Arca, o Castelo… a través de excavacións, actividades formativas, accións nas redes sociais…

Rocío García, de Slow Food, espertou moito interese, repasando a historia do gran impacto que causa na biodiversidade a política mundial cos sementes e o cultivo intensivo, facendo un alegato de defensa das receitas, dos costumes e das sementes tradicionais.

O gran coñecedor da nosa zona, José De la Riera falou da Via Mariana, e de como os Camiños transforman as sociedades, os lugares. El, que foi un dos que trouxo o Camiño Francés ata Fisterra, sabe ben do que fala, pois comprobou como estaba hai 20 anos a comarca e como está agora.

Pechou a ponencia Manuel Pan, que presentou a plataforma Phottic como forma de recuperación e poñer en valor o patrimonio fotográfico dun concello ou dunha sociedade.

Achegándose ás estratexia

Xa o venres, e en pechado, a idea dos responsables de cada país é achegarse á estratexias concretas e interesantes.

María Cristina Cid Fernández, alcaldesa de Allariz, percorreu a evolución desta recoñecida vila ourensá, paradigma da recuperación patrimonial e o desenvolvemento. Lembrou que todo empezou cunha revolta cidadá en 1999 e que acabou cunha nova forma de facer política, a través de empresas municipais, fomentando o avance dos servizos sociais, comercio, promoción económica, atracción de xente nova a través da vivenda municipal…

Uxío Novoneira deu un baño de enerxía e de optimismo e de poñernos as pilas para o artellamento da sociedade dende a base.

Arménio Coelho trouxo o fermoso exemplo do “Aldeias históricas” de Portugal, 12 aldeas entre a Serra da Estrela e Castilla e León, xa levan 15 anos traballando, poñendo en valor os seus castelos, cunha estratexia moi ben elaborada.
Destacou un exemplo de innovación social, de como as “Historias creativas”, unha acción participativa cos nenos da contorna para a recuperación de lendas, acabou supoñendo a creación dunha Cooperativa de Mulleres que fan libros e unha colección de bonecos utilizados como souvenirs.

Antón Pombo, de SOLPOR, alentou a que sexa a sociedade a que tome a iniciativa para recuperar o rural, e puxo monton de exemplos de empresas que xurdiron arredor do Camiño, e que afondan na transformacion dos pobos polos que discorre.

A tarde do venres foi aproveitada pola expedición para facer unha reunión de traballo e visita pola zona.

Novas relacionadas

Comentarios