Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Vimianzo busca experiencias da resistencia franquista cun Certame

Vimianzo busca experiencias da resistencia franquista cun Certame

O pasado sábado, o Concello de Vimianzo artellaba un Acto de homenaxe aos que loitaron pola liberdade en tempos franquistas. Unha cita que serviu para presentar o I Concurso de investigación sobre a memoria histórica de Vimianzo.
Un concurso aberto a todo os maiores de de 18 anos, no que a participación do concurso será anónima, e que busca os tectos (de entre 24 e 48 páxinas) en galego que recolla experiencias daqueles anos.

Unha boa ocasión para falarmos cos nosos maiores, sentarnos a escoitar e poñernos a escribir.

Máis información

  • Haberá un premio cunha contía económica de 500€ e dous accésits cunha contía económica de 200€ cada un.
  • O prazo de presentación dos traballos comeza ao día seguinte da presentación destas bases e remata o día 30 de setembro.
  • Os traballos deben presentarse na Casa da Cultura (rúa da Braña 15129 Vimianzo) onde se lles dará rexistro de entrada. A entrega pode ser presencial ou por correo postal. Só se aceptarán os traballos que teñan rexistro de entrada na Casa da Cultura dentro do prazo estipulado.
  • Os traballos presentaranse baixo sistema de lema e plica do seguinte xeito:
    - Sobre A: no exterior deste sobre poñerase “Iº Concurso de investigación sobre a memoria histórica de Vimianzo” e o lema ou pseudónimo do autor. No interior incluiranse 3 copias do traballo, xunto cunha copia en formato dixital e un sobre B.
    - Sobre B: no exterior deste sobre poñerase unicamente o lema ou pseudónimo. No interior incluirase unha copia do DNI do autor, un teléfono de contacto e enderezo electrónico.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte e máis información

Comentarios