Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Vimianzo tamén prendeu o Tizón de Nadal na lareira do Castelo

Vimianzo prende o Castelo
Vimianzo tamén prendeu o Tizón de Nadal na lareira do Castelo

Ademais da espectacular festa de acendido do alumeado de Nadal, e da pista de patinaxe, Vimianzo acendeu a pasada mañá o Tizón de Nadal na lareira do Castelo de Vimianzo. Correu a cargo da alcaldesa, Mónica Rodríguez, quen estivo acompañada pola concelleira de Benestar Social, María José Pose e Rosa Blanco, edila de Cultura. Estiveron acompañadas polas artesáns e artesás, que dan vida á fortaleza soneirá durante todo o ano.

Castelo de Vimianzo

É un rito ancestral, de orixe celta, para celebrar o solsticio de inverno. Simboliza queimar o vello para dar paso a novas cousas.
Préndese en Noiteboa e debe estar aceso ata Aninovo. Despois apágase, pero consérvanse os restos para acendelos cando faga treboada ou temporais, e así protexer o “noso fogar”.

Un xeito de felicitar as festas á toda a veciñanza.

Comentarios