Luns. 06.05.2024
El tiempo

A Deputación comproba o estado das Torres do Allo e o potencial das excavacións de Brandomil

A entidade provincial coordinou con Carmen Riveiro a nova edición da Xornada do Liño
Regueira nas Torres do Allo con Lolo Muino e Carmen Riveiro
O vicepresidente da Deputación Xosé Regueira visitou Baio para coñecer o estado das Torres do Allo, acompañado do alcalde de Zas, Manuel Muiño, o edil Manuel García Velo e Carmen Riveiro, presidenta da Asociación de Amigos do Liño
A Deputación comproba o estado das Torres do Allo e o potencial das excavacións de Brandomil

O vicepresidente Xosé Regueira visitou o concello de Zas para coñecer de primeira man o estado das Torres do Allo, e tamén o das excavacións de Brandomil. Nesta visita aprobeitou para reunirse tamén coa presidenta da Asociación Amigos do Liño, Carmen Riveiro, para abordar a nova edición da Feira do Liño, coa que colabora a Deputación.

A comitiva comprobou existencia de filtracións de humidade nas Torres do Allo, particularmente nos muros e nas cubertas e, xunto co alcalde de Zas, comentaron as posibles obras para atallala. Entre elas, a posibilidade de cambiar as cubertas. Tamén coincidiron na necesidade de mellorar a accesibilidade dos baños de persoas con movilidade reducida. Actuacións que contarán coa financiación da Deputación.
Ademais, o vicepresidente achegouse ata as excavacións de Brandomil para coñecer os novos achados.

Liño

Regueira reuniuse tamén coa presidenta da Asociación Amigos do Liño, Carmen Riveiro, para abordar a nova edición da xornada sobre o liño, que ten lugar nas Torres do Allo e que contará de novo coa colaboración das áreas de turismo e patrimonio da Deputación. Formulouse un cambio nas datas de celebración para que sexa na segunda quinena de xuño. Esta mostra, na que a organización xa comezou a traballar, contará ademais coa participación do Campus de Ferrol da Universidade da Coruña, involucrando así á parte académica orientada ao textil.  

Comentarios