Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Descobren un anaco do Camiño Real entre Negreira e Muxía en Brandomil

default
Imaxe da interención no Camiño Real de Brandomil
Descobren un anaco do Camiño Real entre Negreira e Muxía en Brandomil

A nova intervención arqueolóxica promovida polo Concello de Zas en Brandomil vén de sacar á luz unha importante parte da nosa historia. Un equipo de arqueólogos, dirixidos por Lino Gorgoso, realizaron diferentes tarefas de limpeza para deixar ao descuberto un tramo do Camiño Real que durante a Idade Media e Moderna enlazaba as localidades de Negreira e Muxía por Brandomil e Baíñas. Trátase da principal vía de comunicación entre Santiago de Compostela e a Costa da Morte ata mediados do século XX.

En concreto escavaron unha área de 83 metros situada nas proximidades da ponte de Brandomil cuxos restos xa se localizaran nas catas realizadas no verán do ano 2019.

Tal e como sinalan os arqueólogos, o camiño “está nunhas condicións aceptables de conservación” aínda que se detectaron algunhas reparacións relativamente recentes o cal indica que o camiño estivo ao descuberto parcialmente ata os anos setenta. De feito, algúns
veciños e veciñas de Brandomil lembran ir limpalo comunalmente.

O máis sorprendente, e que corrobora o xa identificado no 2019, é a localización de varios tramos de pavimento viario romano de tipo “glarea”, idéntico ao xa identificado na Pedra do Altar. Segundo os experto, esto confirma a orixe romana do trazado, único paso para cruzar do río Xallas ata a Idade Moderna. Tras esta intervención, comprobouse as características da calzada que no tramo escavado consta de cunetas, unha a cada lado, e tres bueiros para drenar a zona.

O Concello de Zas contactará nos vindeiros días coa Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia para analizar a importancia da vía e ver os posibles pasos a dar.

Comentarios