Recunchos da Costa: A Ponte de Brandomil
No Concello de Zas, sobre o río Xallas, atopamos a ponte de Brandomil, unha das entradas da Costa da Morte. Unha ponte que sería construída polos romanos no século I, pero o que nós podemos ver é o que queda da remodelación do século XII.
A ponte ten unha fermosa visita, pola marabilla do río Xallas e pola agradable área recreativa. Pero o que máis impacta deste lugar é toda a historia que agocha, como lugar de paso dende hai máis de 2.000 anos.
Todas as pesquisas falan de que pode ser un dos grandes asentamentos romanos de Galicia, mesmo unha gran urbe aló polo século IV d.C. ou polo menos, afírmase que se trata dun campamento base para as viaxes que as campañas militares romanas facían entre Lucus Augusti, Brigantium e Braga (Portugal), a través da Via XX ou Via Per Loca Marítima.
Brandomil está cheo de vestixios romanos, como varios capiteis que hai no muro do adro da Igrexa ou nun hórreo do lugar. Pero que é que ao carón da ponte tamén hai un castro. Cómpre seguir traballando en excavacións como está intentando realizar o Concello de Zas e a Fundación Brandomil.
Documental
Hai tanta historia por descubrir que a Fundación xa ten realizado este documental:
Como chegar
Novas relacionadas
- Un feixe de peques arqueólogos en Brandomil.
- Setembro 21: Un xeorrádar para rastrear o xacemento de Brandomil.
- Agosto 21: A Fundación Brandomil comeza unha intervención arqueolóxica para redescubrir o asentamento romano.
- "A Brandomil Romana", unha exposición sobre o Patrimonio Cultural de Brandomil
- O documental sobre Brandomil encheu de historia o Museo do Pobo Galego.
OS RECUNCHOS DA COSTA
- Praia de Rebordelo.
- A praia de Seiruga e Area Pequena.
- O Rego dos Muíños.
- Castro Borneiro.
- A Férveda de San Paio ou Entrecruces.
- A Férveda de Rus.
- As fervenzas de Pedrafigueira.
- A Fervenza de Budián.
- A Fervenza de Parga.
- A Fervenza do Rabiñoso.
- Os Penedos de Traba e Pasarela.
- A Fervenza de Vioxo-Chacín.
- A Fervenza de Santa Locaia.
- A praia de Seaia.
- A praia da Barda.
- Os Muíños da Ribeira.
- A área fluvial de Verdes.
- O Pozo da Orca.
- Praia fluvial de Carreira.
- As casetas da Feira na A Ponte Olveira.
- Pico de Meda.
- O Pozo Encantado de Salgueiros.
- O Fuso da Moura
- Pedrafita do Marco da Anta ou Menhir de Erboedo.
- A Ponte do Peón de San Crimezo do Ézaro.
- Cabo Roncudo.
- A ponte da Pontenova.
- A Furna do Osmo.
- Mirador de Louredo.
- A área recreativa de Gabenlle.
- O Cabo, e Faro, Vilán.
- As praias de Reira e o foxo do lobo.
- O Cemiterio dos Ingleses.
- As praias do Trece e a Duna Monte Branco.
- O hórreo de Carnota.
- O hórreo de Lira.
- A Fervenza de Noveira.
- O Casco Vello de Corcubión.
- Os petroglifos de Boallo.