O documental “O Brandomil soterrado” recolle os avances arqueolóxicos
Aló por marzo de 2020 presentaban o documental “Brandomil, vila romana a carón do Xallas”. Este 2023, a Fundación Brandomil ten material de sobra para lanzar un novo proxecto audiovisual: o documental “O Brandomil soterrado”.
A entidade presentábao este sábado na Igrexa parroquial de San Pedro de Brandomil, nun acto estivo presidido polo alcalde do Concello de Zas, Manuel Muíño Espasandín e por Noelia Santos Pose da Fundación Brandomil. Ademais tamén asistiu o alcalde de Santa Comba, Alberto Romar Landeira, así coma os Concelleiros socialistas de Zas Sheila Rial e José Manuel Brenlla, e membros de asociacións de parroquias limítrofes.
Santos fixo fincapé nos grandes avances que se están a producir nas últimas semanas, xa que apenas dous días antes da presentación, o equipo arqueolóxico tería destapado dúas novas salas, unha delas derrubada e a outra cun muro intacto e cun pavimento perfectamente identificable. Por se fose pouco, seguen saíndo á luz novas pezas cerámicas, todo iso, segundo indicou, é un privilexio para a zona e poñería aínda máis si cabe a Brandomil no mapa como punto de interese cultural e arqueolóxico.
Ambos fixeron referencia á importancia do xacemento como punto de interese turístico no Camiño de Santiago por Brandomil, xa que os peregrinos poderán gozar dunha nova parada nesta vía, algo que enriquecería o concello.
Novas relacionadas
MÁIS NOVAS SOBRE BRANDOMIL
- outubro 22: Novos achádegos nas escavacións do xacemento romano de Brandomil.
- Xuño 22: A Fundación Brandomil realiza xa prospección mediante xeorradar da Pedra do Altar.
- Recunchos da Costa: A Ponte de Brandomil.
- Un libro recolle a historia de Brandomil dende o século XII ata o XIX.
- Un feixe de peques arqueólogos en Brandomil.
- Setembro 21: Un xeorrádar para rastrear o xacemento de Brandomil.
- Agosto 21: A Fundación Brandomil comeza unha intervención arqueolóxica para redescubrir o asentamento romano.
- "A Brandomil Romana", unha exposición sobre o Patrimonio Cultural de Brandomil