Mércores. 09.10.2024
El tiempo

A Fundación Brandomil realiza xa prospección mediante xeorradar da Pedra do Altar

Brandomil prospección arqueolóxica xeorradar copia
A Fundación Brandomil realiza xa prospección mediante xeorradar da Pedra do Altar

Despois da limpeza e acondicionamento dos case 15.000 metros cadrados de terreo en Pedra do Altar a semana pasada, a Fundación Brandomil dá un novo paso na segunda intervención arqueolóxica que trata de delimitar o xacemento romano do lugar, localizado nas parcelas que xa son propiedade da entidade.

A empresa catalana SOT Prospecció Arqueológica está xa a executar os traballos de prospección mediante xeorradar.

A Fundación está inqueda despois do interese xerado o ano pasado durante as prospeccións arqueolóxicas, no que se localizou unha vía romana e estruturas acoradas á mesma. Agora nova fase da intervención arqueolóxica, que comezaba a semana pasada, ten o obxectivo de delimitar a extensión do xacemento romano neste terreo.

Durante o traballo de limpeza e baixo control arqueolóxico xa se localizaron materiais romanos en superficie como tégula do tellado das casas, algunha pedra con marcas e, sobre un recheo da vía, unha moeda datada do ano 1877 do rei Alfonso XII. Este achado confirmaría o uso diacrónico deste camiño.

Nas vindeiras semanas, os arqueólogos contratados pola Fundación, e baixo a dirección de Lino Gorgoso, terán os resultados para propoñer as escavacións arqueolóxicas. O arqueólogo xalleiro é recoñecido en todo o país e ten realizado campañas en Borneiro ou feito completos traballos de investigación das mámoas de Santa Comba.

Máis novas sobre Brandomil

Comentarios