Luns. 14.10.2024
El tiempo

Novos achádegos nas escavacións do xacemento romano de Brandomil

Escavacion en Brandomil
Vista aérea da escavación do xacemento romano de Brandomil
Novos achádegos nas escavacións do xacemento romano de Brandomil

Continúa avanzando o proxecto arqueolóxico nos arredores da Ponte de Brandomil. A Fundación homónica está a realizar unha serie de escavacións arqueolóxicas no terreo de Pedra do Altar, da man do arqueólogo xalleiro Lino Gorgoso.

”Estamos ante un achádego de gran importancia”, asegura Gorgoso, que nos debulla a imaxe aérea da escavación.

Hai “tres zonas que se corresponden con estruturas altoimperiais do século I da nosa Era: a Vía Romana, descuberta nas catas realizadas o ano pasado; unha construción con tres estancias diferentes, que se pode tratar ben dunha vivenda ou ben dun espazo para os animais e un pavimento, que probablemente sexa unha praza ou unha rúa.

As escavacións continúan durante este mes de outubro, cando os descubrimentos quedarán á vista. Esperaremos pois ás conclusións finais.

Máis novas sobre Brandomil

Comentarios