As familias de Zas alzan a voz contra as medidas electoralistas da Área Sanitaria en materia de pediatría
Hoxe venres 21 de febreiro (ás 19:00h na praza 8 de marzo de Cee) é hora de saírmos á rúa a berrar toda a comarca en contra dos recortes en pediatría. Unha problemática que non só afecta ás familias de Cee, Fisterra, Muxía, Dumbría, Vimianzo, Carnota, Zas… senón a toda a sociedade, que somos tod@s os que temos que reivindicar poder vivir nunha zona con servizos e infraestruturas básicas.
Este mércores foi Fisterra a que alzou a voz ante a visita de Feijoo. Onte coñecíamos as novas baixas do servizo de pediatría en Carnota. E hoxe damos conta das queixas, eternas, das familias de Zas.
En Zas levan semanas sen pediatra, preguntando e preguntando ao Sergas cando volverán ter servizo. Curiosamente o “mutismo absoluto” de Luís Verdes foi mudou esta semana, cunha entrevista na prensa na que asegura que a partir do 1 de marzo volverán contar con perdiatra. Dende a Plataforma Zas sen Recortes en pediatría lamentan que as comunicacións desta clase de novas se fagan a través da prensa, e só o poden atribuír a “medidas de campaña electoral”. ”Temos a sospeita que o pediatra rematará o seu contrato o dia 6 de abril si gañan as eleccións”, denuncian.
A situación segue a ser grave, porque o profesional que teoricamente estará en Zas a partir do 1 de marzo, só ofrecerá servizo de 10:00h a 13:00h, e nos dez primeiros días xa terá tres libres, “que nos parece estupendo que esa persoa, pola razón que sexa, teña días libres”, matizan dende a Plataforma, “pero o Sergas ten que poñer alguen no sitio esos días”.
Lamentan que a Xerencia da Área Integrada da Coruña asegure que as “prioridades son as que teñen cupos máis grandes, como se os nosos nenos, por só sermos parte dunha zona con 300 tarxetas de cupo valésemos menos”.
”Se mandan un pediatra para aquí, para que nos lles dañemos demasiado a campaña de cara a galería, van apañados porque non somos tontos, nin moito menos ciudadanos de segunda por vivir donde vivimos. Se non teñen pediatras que os busquen que para algo están aí”, denuncian.
A Concentración
Novas relacionadas cos recortes en pediatría
- Febreiro 2020: Carnota volve quedar sen pediatra, polo menos, ata marzo.
- 18-02-20: Feijoo escoitou as demandas das familias de Fisterra contra o precario servizo de pediatría.
- Febreiro 2020: A Costa da Morte tamén berrou por unha Sanidade Pública Digna en Compostela.
- Febreiro 2020: O BNG presenta mocións nos Concellos para dar solucións aos problemas de pediatría.
- Xaneiro 2020: A marcha das pediatras de Cee e Camariñas, e a baixa do de Fisterra, complican aínda máis o mapa pediátrico costeiro.
- Xaneiro 2020: O precario servizo de pediatría na Costa da Morte volve ao Parlamento Galego.
- 2020: As familias de Fisterra tamén se levantan pola falta de pediatra.
- Xaneiro 20: O PSOE carballés leva ao pleno a carencia de pediatras e falta de solucións por parte da Xunta.
- O 2020 comeza con novos recortes no servizo de pediatría de Zas.
- 2019: Como é o estado de saúde do servizo de pediatría en Cee?