Luns. 29.04.2024
El tiempo

O goberno municipal de Zas apoia ás reivindicacións dos traballadores do Parque de Bombeiros de Santa Comba

xuntanza-traballadores-parque-bombeiros-santa-comba
O Alcalde, Manuel Muíño; e o Tenente de Alcalde, José Brenlla; recibiron onte a parte da plantilla
O goberno municipal de Zas apoia ás reivindicacións dos traballadores do Parque de Bombeiros de Santa Comba

Continúa a folga dos Bombeiros, que andan a buscar apoios. Así, unha parte da plantilla do Parque Empresarial de Santa Comba reuniuse na
mañá de antonte co Alcalde de Zas, Manuel Muíño; e co Tenente de Alcalde, José Brenlla; para solicitar o apoio do goberno municipal ás súas reivindicacións laborais pola que están, xunto cos profesionais do Parque de Bombeiros de Cee, en folga indefinida. “Dende o Concello de Zas instamos á Xunta de Galicia a que se senten a negociar as condicións laborais dos traballadores e solucionen o antes posible a situación co fin de evitar situacións de alto risco ao estar no momento de maior probabilidade de incencios e velar así pola seguridade da veciñanza”, sinalou o rexedor.

O colectivo denuncia a falta de medios materiais e de persoal que padecen os Consorcios Provinciais de Incendios e Salvamento. Por este motivo, os
profesionais dos parques de bombeiros de Cee e de Santa Comba, xunto con outros de toda a comunidade, secundan dende o pasado mes de xuño unha folga indefinida que ten como consecuencia o peche das instalacións.

Precisamente recordou que recemente grazas á rápida actuación dos bombeiros de Santa Comba evitáronse danos maiores nun incendio rexistrado na vila de Baio.

Comentarios