sábado. 14.06.2025
El tiempo

Labarta Pose volve estar entre os 4 candidatos para o Día das Letras Galegas 2026

Antoloxia Completa de Labarta Pose 2024
Antoloxia Completa de Labarta Pose 2024
Labarta Pose volve estar entre os 4 candidatos para o Día das Letras Galegas 2026

Xa estivo o ano pasado entre os finalistas, coincidindo ademais co centenario do seu pasamento. Pero a merecida homenaxe ás Cantareiras e Tocadoras do país impediuno.

Este ano, tralo inconmensurable traballo do Concello de Zas por espallar a súa figura, Enrique Labarta Pose volve estar entre os candidatos da Real Academia Galega para optar ao Día das Letras Galegas 2025. E ten que caer!

O vindeiro venres 20 de xuño, a RAG celebrará o plenario para escoller a figura homenaxeada. Ademais do escritor, xornalista e fotógrafo zaseiro, forman nesta derradeira elección, Antón Tovar, Bergoña Caamaño, e Miguel González Garcés.

Antón Tovar (Rairiz de Veiga, 1921 - Ourense, 2004), é un poeta existencialista segunda metade do século XX.

Begoña Caamaño (Vigo, 1964 - Santiago de Compostela, 2014) foi xornalista e escritora de obras como “Circe ou ou pracer do azul” e “Morgana en Esmelle”.

Pola súa banda, Miguel González Garcés (A Coruña, 1916 - A Coruña, 1989) foi un escritor, xornalista, viaxeiro, e docente da Xeración do 36, coñecido como o “mineiro da luz”.

Artigos sobre Labarta Pose

Máis novas sobre Labarta Pose

Comentarios