En marcha a segunda intervención arqueolóxica no Camiño do xacemento romano de Brandomil
19:56 09/06/22
A Fundación Brandomil comezaba onte cos traballos da segunda fase da intervención arqueolóxica no camiño da Pedra do Altar. Unha cata que trata de delimitar o o xacemento romano que hai no lugar.
Estes días estanse a desenvolver os traballos de limpeza de entullos así como dun vertedoiro incontrolado que existía no camiño das fincas propiedade da Fundación. Logo procederase a limpeza da vexetación e preparar o terreo para o paso do xeorradar a vindeira semana.
Posteriormente, no mes de agosto, dará comezo unha nova escavación arqueolóxica baixo a dirección de Lino Gorgoso.
Máis novas sobre Brandomil
- Recunchos da Costa: A Ponte de Brandomil.
- Un libro recolle a historia de Brandomil dende o século XII ata o XIX.
- Un feixe de peques arqueólogos en Brandomil.
- Setembro 21: Un xeorrádar para rastrear o xacemento de Brandomil.
- Agosto 21: A Fundación Brandomil comeza unha intervención arqueolóxica para redescubrir o asentamento romano.
- "A Brandomil Romana", unha exposición sobre o Patrimonio Cultural de Brandomil
- O documental sobre Brandomil encheu de historia o Museo do Pobo Galego.