sábado. 03.05.2025
El tiempo

O BNG tamén pregunta polas dúas saídas suprimidas da Autovía

O BNG tamén pregunta polas dúas saídas suprimidas da Autovía
As maquinas existen nas obras da Autovia Costa da Morte

Xa anunciamos a semana pasada que a a Xunta deciía eliminar, sen previo aviso, dúas saídas da Autovía, a pesar das queixas veciñais. Hoxe tócalle ao Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), que vén de presentar unha Proposta non de lei para debate en Comisión, relativa á supresión dos enlaces previsto na Autovía da Costa da Morte nos lugres de A Piolla (Zas) e San Paio (Coristanco).

Entende o BNG que o “proxecto da Autovía da Costa da Morte é unha auténtica suma de despropósitos na xestión por parte da Xunta de Galiza”. Critica que xusto ás portas das eleccións municipais, despois de varios anos coas obras paralizadas, e tras modificarse o proxecto inicial á medida dos intereses da concesionaria, a Xunta de Galiza acomete de forma electoralista e urxente o reinicio dos traballos, mais o fai modificando o proxecto en numerosos aspectos, sen expor o “novo” proxecto nin consensuar as modificacións con ninguén, nunha mostra de desprezo á veciñanza”.

Deste xeito e dado que entre as modificacións non anunciadas se atopa a eliminación do acceso previsto no lugar da Piolla (Zas), que motivou o rexeitamento unánime do Pleno deste Concello e tamén dos accesos previstos á autovía, na parroquia de San Paio, no termo municipal de Coristanco, confirmada por fontes responsables da obra, consideran que a “anulación deste enlace supón un agravio enorme para a veciñanza das parroquias coristanquesas de San Paio, Verdes, Cereo, Rececinde e Castro, entre outras”. Un enlace que estaba ademais no mesmo Plan Xeral do Concello de Coristanco.

Poir iso piden manter os accesos previstos na Autovía da Costa Morte nos lugares de A Piolla (Zas) e San Paio Coristanco). E tamén “informar á veciñanza e someter a exposición pública calquera modificación que se teña previsto acometer.”

Novas da Autovía

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios