Xoves. 10.10.2024
El tiempo

O SERGAS tampouco cubre as vacacións dos médicos de Atención Primaria nos centros de Saúde de Zas

Pancarta de Zas sen recortes en pediatria
Unha das pancarta da plataforma Zas sen recortes en pediatría
O SERGAS tampouco cubre as vacacións dos médicos de Atención Primaria nos centros de Saúde de Zas
O SERGAS segue sen cubrir as vacacións dos médicos de Atención Primaria nos centros de Saúde de Zas

Tempo de verán, tempo de vacacións, malos tempos para a saúde. Por Zas, seguen fartos ante o desleixo do SERGAS, e ademais dos problemas co servizo de pediatría, agora súmanse os problemas de Anteción Primaria. Desta volta, seguindo as queixas da veciñanza, é o propio goberno municipal de Zas o que denuncia que o SERGAS non cubra as vacacións do médicos titulares dos Centros de Saúde de Baio e de Zas.

Deste xeito, as familias son aínda máis afectadas, pois co curto horario de pediatría eran atendidos polos médicos de cabeceira. Agora tocaralles colapsar outros centros da comarca tendo ademais que desprazarse.

Ante esta situación, o Alcalde de Zas, Manuel Muíño Espasandín, remitiralle un escrito ao SERGAS, que é a administración competente na materia sanitaria, trasladándolle o malestar dos/as usuarios/as e do propio Concello de Zas e esixindo que se adopten as medidas precisas para que os nosos veciños e veciñas reciban a atención médica que precisan e merecen.

Novas relacionadas

Máis novas

Comentarios