Zas tamén retirará os seus fondos municipais de Abanca
O pleno aprobou o Plan Provincial POS+ adicional 2021 que inclúe a ampliación da ponte do Allo e a reparación dos exteriores do Centro Sociocultural de Baio.

21:10 22/09/21
No pleno ordinario celebrado onte a corporación municipal de Zas aprobou no pleno ordinario celebrado esta mañá o Plan Provincial POS+ adicional cunha achega de 304.965,18€ por parte da Deputación da Coruña. Este importe investirase integramente na mellora de infraestructuras e espazos públicos. Concretamente as obras que figuran nesta partida son a ampliación da ponte do Allo - cun orzamento de 128.467,95€ - e a reparación das fachadas do Centro Sociocultural de Baio e dos accesos exteriores, cun investimento de 88.239,64€.
Pero a nova máis mediática é o acordo do pleno, por unanimidade, unha moción na que se insta ao propio Concello de Zas a retirar os fondos depositados en ABANCA.
NOVAS RELACIONADAS
- Lolo Muíño pídelle, por carta, a Escotet que revoque o peche das sucursais do rural.
- 17-09.21: O alcalde de Zas desprazouse ata o Congreso dos Deputacións para pedir que o Goberno regule o sector bancario.
- A alcaldesa de Camariñas ordea retirar os fondos municipais do Banco Sabadell tralo anuncio do peche da sucursal.
- O Concello de Vimianzo retira os seus fondos de Abanca.
- 09-09-2021: Os alcaldes de Zas, Vimianzo e A Baña reiteran a súa petición dunha entrevista co presidente da Xunta.
- 07-09-2021: Entregan 5.500 sinaturas contra o inminente peche das sucursais de Abanca en A Baña, Vimianzo e Zas.
- 02-09-2021: Medio millar de veciñ@s de Vimianzo e Zas manifestaron na Coruña o seu malestar polo peche das sucursais de Abanca
- 25-08-21: A veciñanza de Vimianzo e Zas álzase contra o peche das sucursais de Abanca.
- 20-08-2021: A veciñanza de Baíñas demostra o seu rotundo rexeitamento ao peche da sucursal de Abanca.
- 20-08-2021: A FEGAMP comprométese a analizar a política de abandono do rural de Abanca.
- 14-08-21: Os Concellos de Vimianzo e Zas unen forzas contra o peche das sucursais de Abanca.
- 12-08-2021: A veciñanza de Baíñas concentrouse contra o peche da sucursal de Abanca.
- 12-08-2021: Zas mobilízase contra o peche da oficina de Abanca.
- 04-08-2020: Lamentan o peche da oficina de Abanca en Dumbría.
- Cousas que existían pero que descubrimos coa pandemia: Os bancos, tal como os coñecemos, camiño de ser un recordo.