Aurora cumpre 103


Moitos anos cumpren por Santa Comba, facendo bos os estudios que demostran o envellecemento crónico da nosa comarca. Desta volta foi a veciña dos Fornos, na parroquia xalleira de Santa Sabina, Aurora García Rey, a que celebraba o seu 103 aniversario acompañada dos seus familiares.
Aurora naceu un 25 de outubro de 1913. Tivo catro fillos. Casou con vinte anos con Marcelino Calvo e cando quedou viúva, no 1969, emigrou a Venezuela, regresando a España a finais dos anos setenta. Esta veciña dos Fornos leva na actualidade unha vida tranquila e independente.Na visita da alcaldesa, Aurora García confesou que aínda que tivo varias intervencións cirúrxicas, na actualidade non tomaba medicamento ningún. Sobre o secreto da súa lonxevidade dixo que comía “sano” e acompañaba o xantar “cun vaso de viño”.
Aos seus 103 anos encóntrase ben de saúde e incluso este ano axudou coa recollida das patacas arrancando ramas. Aurora García Rey ten cinco netos, dous bisnetos e dous tataranetos.
Novas relacionadas
- Xaneiro 2016: Pepa de Braña, a nova centenaria en Santa Comba.
- Maripepa de Rieiro, a nova centenaria de Santa Comba.
- Teresa Carreira, a nova muller centenaria en Zas.
Estudios relacionados
- Outubro 2016: As defuncións seguen superando os nacementos.
- 2014: A Costa da Morte perdeu máis de 5.000 persoas na última década e 840 no último ano.
- 2013: A Costa da Morte perde 600 habitantes ao ano.
- 2012: Cada comarca da Costa da Morte perde un centenar de persoas ao ano.
- Europa aprende a envellecer activamente en Ponteceso.
- A Costa da Morte terá en 10 anos 213 maiores de 65 anos por cada menor de 20.
- Continúa a sangría poboacional en Fisterra.
- Manuel Lema, o nome e o apelido máis frecuente na Costa da Morte.
- Un cuarto da poboación da Costa da Morte vive fóra.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).