Venres. 29.03.2024
El tiempo

Avanzan a bo ritmo as obras da dragaxe de Laxe

Visita ao porto de Laxe
Visita ao porto de Laxe
Avanzan a bo ritmo as obras da dragaxe de Laxe

En xuño comezaban as obras, despois de 6 anos de peticións unánimes por parte do pobo de Laxe, para conseguir unha maior seguridade no porto e que os barcos non teñan que subir a terra ou marchar para Camariñas cando hai temporal. E semella que as obras avanzan a bo ritmo, co obxectivo de estar listas ao longo do ano que vén, se a meteoroloxía o permite.

Así o aseguraba onte o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, que visitaba á zona xunto ao alcalde, José Luis Pérez Añón. A dragaxe, que ten un investimento de 3 millóns de euros, estase a realizar principalmente á cota -5, excepto nunha franxa próxima ao peirao da lonxa que se está a realizar á cota -3.

Draga no porto de Laxe

Drenaxe pluviais

Asegurou o delegado que as obras de canalización e drenaxe das augas que habitualmente se acumulan tralas precipitacións na zona situada entre o paseo marítimo e a Igrexa de Santa María de Atalaia. Unhas obras de apenas 28.000€, que inclúe a construción de dous novos pozos e unha canle de alivio pola escolleira.

Veremos se serven para mellorar as inundacións, pois aínda o pasado mes de setembro, en apenas 10 minutos de chuvia forte, a auga xa chegaba polos xeonllos.

Lonxa

A visita serviu ademais para lembra as obras, por 25.000€ realizadas no edificio da Lonxa, que está previsto que rematen a principios do ano 2021. Os traballos consisten nunha pequena ampliación do edificio coa fin de habilitar unha nova zona de lavadoiro de caixas de peixe. Con esta actuación, a antiga zona de lavadoiro pasará a ser destinada a un novo viveiro.

Visita institucional á Lonxa de Laxe

Historia sobre a dragaxe de Laxe

Comentarios