Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O esteirán Víctor Fábregas amenizará a VI Gala do Fútbol da Costa - QPC

Victor Fabregas na Gala da RFGF do ano pasado
Víctor Fábregas na Gala da RFGF do ano pasado
O esteirán Víctor Fábregas amenizará a VI Gala do Fútbol da Costa - QPC

Marcos Pereiro, David Perdomo, Fede Pérez Rey e Pachi y Culo foron os humoristas que amenizaron as anteriores Galas do Fútbol da Costa e permitiron que Fran Hermida poida respirar e botar unhas risas no medio da entrega de 150 premios…

Este ano o que nos sacará as gargalladas será un humorista que coñece moi ben o noso Fútbol, pois foi xogador durante varios anos. Por aí xa terá un bo feixe de anécdotas que contar o venres 28 de xuño na Casa da Cultura de Olveira o bo de Víctor Fábregas. O esteirán, pendente como está da #CopadaCosta, faranos escachar da risa durante a VI Gala do Fútbol da Costa - QPC.

O eterno “Tucho” dos Tonechos comezou a súa carreira artística da man de Xosé Agrelo, unha lenda do teatro muradán. Despois dalgunha serie e moitas risas cas bromas da cámara oculta da TVG, o dúo formado con Roberto Vilar quedará para a historia da televisión galega, despois de case 10 anos sendo a parella máis famosa do país.

O papel de Lino en Era Visto é outro dos seus grandes clásicos, e ten participaco ademais en proxectos como 18 comidas”.

Novas relacionadas

Repaso das Galas

 

Comentarios