Xoves. 25.04.2024
El tiempo

As familias de Fisterra tamén se levantan pola falta de pediatra

As familias de Fisterra tamén se levantan pola falta de pediatras
As familias de Fisterra tamén se levantan pola falta de pediatras
As familias de Fisterra tamén se levantan pola falta de pediatra

Continúa sendo unha das graves carencias da Costa da Morte. O precario servizo de pediatría segue a ser un dos quebradeiros de cabeza máis importantes das nosas familias, que vén como o rural é tratado con desleixo polo servizo de sanidade pública.

Así acontece en lugares como Zas, Dumbría, Cee, Muxía, Carballo… e Fisterra. O Centro de Saúde fisterrán leva dende o 19 de xaneiro sen pediatra, e teñen que desprazarse ao centro ceense, xa colapsado, e coa súa profesional pendente de traslado. Un grupo de pais e nais reuníronse esta mañá co alcalde, Jose Marcote, e tenente alcalde de Fisterra, Kuka Sar, para trasladarlle o seu malestar e preocupación poisa situación parece que vai prolongarse ata o 19 de febreiro, data na que se prevé que se incorpore a titular do servizo, sen que outrª facultativª a substitúa, e sen ningunha alternativa aceptable,

Na xuntanza solicitaron ao concello de Fisterra que medie coa Xunta para acordar unha solución e anunciaron iniciar mobilizacións ata que o problema se solucione (a primeira terá lugar o vindeiro venres ás 11:00 da mañá na Praza do Concello, ao lado do Centro de Saúde), tendo como obxectivo o de conseguir unha solución permanente a unha situación que se vén repetindo moi habitualmente, ao non dispoñer nunca de ningún profesional que substitúa nas súas vacacións ou baixas axs titulares do servizo.

Así mesmo, anunciaron o inicio de contactos con grupos de nais e pais doutros concellos da comarca que tamén están a sufrir os recortes, de cara a unir esforzos na reivindicaciòn dun servizo de pediatría de calidade e permanente. Colaborarán, seguro, na toma colleita de sinaturas comarcal que comezaron dende a Plataforma Zas sen recortes en pediatría.

Novas relacionadas co precario servizo de pediatría

Comentarios