Imprimir

Lucía Pazos segue colleitando éxitos de cara á Fase Final do Campionato de España de Judo

que pasa na costa | 24 de febreiro de 2020

Lucía Pazos no alto do podio da SuperCopa Infantil de Judo de Extremadura
Lucía Pazos no alto do podio da SuperCopa Infantil de Judo de Extremadura

Segue medrando deportivamente a muxiá Lucía Pazos. Despois da prata na Copa de España, a deportista do Club Judo Bergantiños vén de proclamarse campiona da Super Copa de España Infantil, celebrada esta fin de semaba na localidade de Montijo (Extremadura).

Lucía partía como cabeza de serie número 1 e non defraudou, e impúxose a todas as súas rivais en menos de 15 segundos, un rendemento que fai soñar cunha medalla na fase final do campionato de España.

Lucia Pazos campiona da Super Copa de Judo Infantil+

Novas relacionadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/outros-deportes/lucia-pazos-segue-colleitando-exitos-cara-fase-final-do-campionato-espana-judo/20200224073446117788.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia