Venres. 19.04.2024
El tiempo

O IES Pedra da Aguia denuncia un novo recorte no horario dunha mestra a metade de curso

O IES Pedra da Aguia denuncia un novo recorte no horario dunha mestra a metade de curso
Equipo do IES Pedra da Aguia contra a LOMCE

Xa temos ANPAS na rúa recollendo sinaturas, cartas directas á Consellería, grupos sen titor… A comunidade educativa está arrincando con moitos problemas este curso 14/15, o primeiro curso baixo o xugo da polémica Lei LOMCE.

Hoxe nos chega outra queixa, xa o fixera a primeiros de setembro, do Equipo Directivo do IES Pedra da Aguia da Ponte do Porto. Daquela protestaban pola redución de 3 mestres no presente curso. Hoxe critica a redución do horario da mestra especialista de audición e linguaxe. Unha redución que chega a data do 27 de outubro de 2014, unha vez iniciado o curso, elaborados os horarios e toma de posesión por parte da mestra afectada.

Por iso o centro camariñán manifesta “a súa indignación coa última decisión tomada por parte da Consellería de Educación comunicada a través do Servizo de Inspección Educativa pola redución horaria da mestra especialista en audición e linguaxe a estas alturas do curso, sendo obrigada a desprazarse ao CPI Cabo da Area de Laxe”.

E explican por que trastoca tanto os plans educativos, pois esta medida implica:

  • ”Desatención ó alumnado con necesidades educativas especiais”.
  • ”Modificación de horarios despois de dous meses de iniciado o curso”.
  • ”Redución de atención específica por parte desta especialista”.

A totalidade do profesorado deste centro rexeita “esta nova medida que unha vez máis discrimina aos centros do rural e prexudica ao alumnado con maiores dificultades, atentando contra os principios de igualdade e non discriminación educativa e diminuíndo a calidade do ensino público”, remata.

Novas sobre a loita contra a LOMCE

Fonte

Comentarios