Dous campións e unha boa manda de peque-arqueiros soneiráns no Campionato Galego de Sala de Tiro con Arco


Grandísimo sabor de boca deixa o Campionato Galego de Sala 2017 aos nosos arqueiros irmandiños celebrado en Taboadela (Ourense). Ademais de grandes actuacións na base, dous nomes volveron lucir nos podios:
José María Lema (o presi do club Dousxsetenta de Vimianzo) proclamouse Campión Galego de Sala 2017 en categoría Veterano masculino. Ademais, o baiés Santi Soneira, da Agrupación Deportiva Su A Agra, volveu arrasar en categoría de Arco Espido, e renovou o seu título de campión galego (xa é o 3º!).


Expedición baiesa
Tres arqueiros baieses participaron en Taboadela. Santi Soneira tivo que pelexar con 10 participantes. Comezou regulín e a primeira rolda o deixaba 3º por detrás de Elias Méndez e Genaro Otero. Xa en Cuartos eliminou a César García Pena de Arkeiros do Deza. Nas semifinais Soneira enfrontábase a un vello coñecido, Iñaki Fariña de Meigarco co xa disputara a final do campionato galego en Aire Libre no 2016. Repetía o 6-4 dos cuartos. E xa na final esperaba Elías Méndez, co que tras unha igualdade máxima, nos dous últimos envites, Soneira conseguiu meter de novo o 6-4 para proclamarse Campión Galego de Sala 2017.

En categorías base, Brais Antelo Amado e Andrés Mourelle García debutaron na modalide de Arco Espido na categoría cadete. E o fixeron moi ben, xa que a pesar de non contar co minimo de participantes para proclarmarse Campión Galego tras os 2 round clasificatorios de 30 flechas cada un. Andrés Mourelle quedou 1º clasificado superando a puntuación de Brais Antelo.
Arqueiros vimianceses


Unha das notas máis importantes foi o triunfo do presidente do Club Dous por Setenta, José María Lema, despois de impoñerse na final 7-3 a Miguel Cid, do club Lumelar.
Pero a expedición irmandiña foi completisima. Uns 20 peque-arqueiros participaron nas categorías benxamín, alevín e infantil, cuns resultados máis que aceptables.
En categoría benxamín masculino obtivemos a cuarta e quinta posición con Dylan Ramíres e Sergio Platas respectivamente. Nesta mesma categoría, en féminas Cristina Santos proclamouse Subcampioa Galega, mentres que Arantxa Varela acadou o cuarto posto. As dúas competían nun galego por primeira vez.
Na categoría alevín masculina Yago García proclamouse Subcampión Galego na súa estrea na categoría, e Leonardo Calvo demostrou a súa boa progresión acadando a terceira posición. Isaac Varela foi cuarto; Erick Rodríguez fixo un meritorio quinto posto na súa primeira participación; Pablo Rodríguez foi sexto; Martín López , oitavo; Ángel Olveira, décimo; e Mario Pereiras, undécimo.
En féminas Paula Vázquez proclamouse Subcampioa Galega na súa estrea na nova categoría, mentres que María Lema acadou a terceira posición. Hai que destacar que María aínda é benxamín pero decidiu participar nunha categoría superior facendo un moi bo papel. Paula Pérez foi quinta clasificada.
Na categoría infantil feminina o club vimiancés un quinto e un sexto posto con Laura Ramos e Isabel Santos. Non chegaron ao podio pero competiron de marabilla. Igual que os seus compañeiros, José Vázquez, Marcos Esperante e Rafa Martínez en infantís masculina. José conseguíu meterse no podo cun flamante segundo posto, mentres que Marcos quedou a un paso (foi cuarto) e Rafa alcanzou a sétima praza.
Novas relacionadas
- Agosto 2016: Os arqueiros de Vimianzo copan o podio do torneo de Cambre.
- Maio 2016: Santi Soneira arrasa no tiro con arco galego.
- O baiés Santi Soneira, Campión Galego de Tiro con Arco.
- Os pequearqueiros de Vimianzo triunfaron no Campionato Galego.
- Unha homenaxe virtual aos outros deportes da Costa da Morte.
- Os arqueiros de Vimianzo aproban con nota o previo ao Campionato Galego de Tiro con Arco en Sala.
- Os pequearqueiros de Vimianzo demostraron o seu potencial no Campionato Galego.
- Os miniarqueiros de Vimianzo con arcos novos.
- As miniarqueiras irmandiñas de Vimianzo seguen crecendo.
- Vimianzo ten canteira de arqueiros.
- A Costa da Morte envía aos seus mellores xogadores de Dardos ao Campionato Galego.
- Os arqueiros de Baio e Vimianzo cólanse entre os mellores de Galicia.
- Vimianzo volveu sacar os arcos de Dousxsetenta en Silleda.
- Retrato de dúas familias de arqueiros.
- Dous x Setenta e Su A Agra.