mércores. 30.04.2025
El tiempo

O camariñán José Manuel Lema gañou o Campionato de Pesca do Vilán

O camariñán José Manuel Lema gañou o Campionato de Pesca do Vilán
Jose Manuel Lema Lema ganou o Campionato de Pesca do Vilan 2015

Quedou na casa o 1ª Premio do VII Campionato de Pesca de rocha “Cabo Vilán”. 35 pescadores disfrutaron este pasado sábado dun día soleado, sen vento e cunha oleaxe idónea para a pesca. Pasárono de medo e ademais as capturas foron moi boas.

Así o refrenda José Manuel Lema Lema, o veciño de Camariñas que levou os 500€ do 1ª Premio, por diante do coruñés Alberto Abilleira Iglesias (que levou 300€); o noiés Andrés Romero Vázquez (3º e levou unha Cana evia); o tamén coruñés José Manuel Brea García (que levou un carrete) e o vasco Alberto Miguel Pinilla (que gañou unha cana).

Houbo outros premios especiais, como o premiro á maior captura que levou o ferrolán Ramón José Montaos Martínez, valorado en 200€.

O premio local, unha vez que Lema quedou campión, foi para Sergio Mouzo López, cun reloxo valorado en 120€.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios