Xoves. 25.04.2024
El tiempo
Alberto Pose
13:10
12/06/12

Ánimo Cerqueda!

Ánimo Cerqueda!
Posiblemente non sexa a persoa máis indicada para valorar o traballo dun clube e si este é o Cerqueda moitísimo menos, aínda que estes días véxome na obriga de facelo. Non creo que sexa un segredo para ninguén a devoción que teño por este equipo, o da miña vila, que vin nacer e crecer e que o domingo quedou a tan só un gol do ansiado ascenso a liga da Costa. Directiva, plantilla e aficción levaban varias anos buscando esa tempada que os levara á gloria, e se o ano pasado estiveron preto o deste ano vai ser complicado esquecelo. Moito traballo e moito esforzo que se esfuma nuns minutos. Un presidente dos que xa quedan poucos, traballador, serio, honesto, e sobre todo, unha persoa que lle gustan as cousas ben feitas. Estes días están sendo moi duros para el, mira cara atrás e dase conta das oportunidades perdidas e do difícil que é chegar aí arriba. Calquera consuelo vai ser pouco, pero quizais é o momento de valorar friamente a tempada e sacar as cousas positivas que lles deixou esta campaña, e con elas sacar forzas para comezar a planificar a vindeira campaña. Xa conseguiron ser un plantel que parte nas quinielas para o ascenso e iso xa é unha gran paso para un clube que non paga a ningún xogador e que vive rodeado de dous equipos históricos como o Malpica e Buño. Logo de catro fantásticos anos, só me queda agradecer o bo traballo dunha persoa romántica do fútbol das que xa non quedan. Espero que este golpe non lle afecte e siga loitando polo que máis desexa e tamén porque estou seguro que si el non sigue a pé do canón peligra a continuidade do clube. Tamén quero animar a esa fantástica plantilla que ata o último minuto non doblou a rodilla e loitou por ese gol que lle dera a gloria, os Dani, Javi, Diego, Lorenzo, Fredi... moito ánimo e a seguir para adiante coa cabeza moi alta. Non me podo esquecer de Santi, pouca xente saberá que este rapaz por motivos laborais reside e Madrid e fin de semana si e outro tamén pagaba do seu peto o billete de avión para poder xogar co Cerqueda, complicado encontrar esta entrega nos xogadores que están cobrando por xogar. Un dos artífices desta progresión do Cerqueda non foi outro que Rochi, chegou hai catro anos e conseguiu formar un grupo competitivo, pese que a mediados de ano deixou a disciplina do clube, sería moi inxusto non recoñer a súa laboura. Raúl Periscal, o seu substituto, trouxo moita ilusión ao clube, pero o pouco tempo que tivo para adaptarse ao equipo non lle permitiu sacar todo o bo dun míster con moitas noivas, sería moi positivo que o seu futuro pasara por continuar no Cerqueda, non hai garantías no fútbol, pero a renovación de Raúl sería un paso importante para ver ao Cerqueda na liga da Costa para ano, pese a que as opcións de ascenso serán menores. Unha entidade que dende o seu nacemento tivo que loitar por atopar un campo para adestrar, lonxe de amilanarse, buscou solucións aos seus problemas e mirou sempre cara adiante adestrando os sábados pola mañán, os venres a deshoras...unha odisea ben levada. Non pretende ser estas palabras un cumprido cos amigos, senón un simple recoñecemento a moito esforzo e traballo ben feito que non tivo os froitos desexados, pero non por elo se debe empañar o bo facer. Xa por último, non me podo esquecer de dous sufridores constantes que non se perderon un partido do clube durante estes últimos anos, animando polos campos e tamén estimulando aos seus compañeiros fóra deles, son momentos difíciles para Raquel e Anxo, pero sobre todo teñen que estar orgullosos do traballo feito, non sempre se atopa recompensa ao esforzo e empeño que se lle pon as cousas, pero a base de persistencia acabase conseguindo o que un se propón, Ánimos!!! Aproveito para acabar felicitando ao Cabana polo ascenso, un clube ao que lle teño moita estima, non gusta que o ascenso fora a costa do Cerqueda, pero de ter que selo alédome en especial por unha persoa que sei que este ano sufriu moitísimo e ao final verá ao seu Cabana en Segunda.

Máis artigos de Alberto Pose

Máis información

Crónicas da semana

Comentarios