Buscando solucións á violencia de xénero
Nos últimos anos, os casos de mulleres vítimas de violencia de xénero están a aumentar considerablemente, sobre todo nas zonas rurais, onde centos de vítimas aínda non teñen claro que é a violencia machista nin se a están a sufrir.
Por unha banda, non é ningunha novidade que aínda existe unha gran desinformación entre a poboación sobre a violencia sufrida polas mulleres, especialmente nas aldeas. Ben é certo que os rapaces e rapazas son expostos dende idades cada vez máis baixas aos conceptos de “agresor”, “vítima” e “violencia de xénero”. Non obstante, as mulleres adultas e de idade avanzada que nunca foron educadas nisto, non son capaces de diferenciar o que é violencia do que non, unha discusión normal de parella, dunha agresión.
Por outra banda, non chega con coñecer o problema, debemos buscar solucións. Se queremos diminuír os asasinatos, é necesario concienciar a poboación do problema. Por exemplo, realizar charlas nos centros culturais ás que todos e todas teñan acceso sería, unha maneira de reducir os casos de agresión e educar a poboación.
En conclusión, a violencia de xénero é un problema grave e moi real. Está nas nosas mans poñerlle freo á situación e procurar unha sociedade onde miles de mulleres, tanto da cidade como da aldea, non vivan presas de violencia machista.
- Irene Fernández Pérez, alumna de 2º Bacharelato do IES Terra de Soneira, Vimianzo.
MÁIS ARTIGOS DO ALUMNADO DO IES TERRA DE SONEIRA
- Nuria Castelo: A violencia machista segue medrando.
- Paula Blanco Paz: As Regueifas.
- Cristina Plaza: A Saúde mental.
- Claudia Roget: A necesidade de salvar as nosas praias.
- Sergio Pose Romero: Por que defendemos un país que non respecta os dereitos humanos?
- Luzía Roget: O Aborto.
- Mateo Calzas: Que é un penedo?.
- Enma Pérez: A implantación dos eólicos nos Penedos de Pasarela e Traba, benefico ou destrución?